Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

5 curiosidades sobre Compostela que descoñecías

Publicado: 17 de abril de 2023, 13:40
  1. Las Bodeguillas
5 curiosidades sobre Compostela que descoñecías

Compostela cada vez ten máis protagonismo entre os turistas nacionais e internacionais. É innegable que a Catedral e Camiño de Santiago son dous dos reclamos máis importantes. De feito, nos catro meses que levamos de 2023, a cidade xa recibiu a máis de 39.000 peregrinos, dos cales máis de 16.000 foron tan só durante o mes de abril. Na capital galega hai moito que explorar e hoxe contámosche algunhas curiosidades que seguro que non coñecías e que farán que queiras (re)visitala.

Dous Xacobeos de dous anos

O último Xacobeo foi un tanto peculiar en canto á duración se refire. A pandemia pola COVID-19 púxose por diante dos plans de milleiros de devotos que acudirían á Porta Santa. Por iso, emitiuse unha petición especial á Santa Sede para estender a súa duración ata o 2022.


Sen embargo, esta non foi a única ocasión na que Galicia festexou un Xacobeo de dous anos. Hai que remontarse aos anos trinta do pasado século, cando a Guerra Civil e a distancia ao anterior Xacobeo (o último fora once anos atrás) foron motivos de peso para que o evento relixioso ocupase os anos 1937 e o 1938.

O maior número de peregrinos da historia

Se o 2022 foi particular polo mencionado, tamén o foi polo número de peregrinos que chegaron á Praza do Obradoiro. A Oficina de Acollida ao Peregrino rexistrou a chegada de 404.398 peregrinos, o que representa a cifra máis elevada da historia. Desta cantidade 221.181 foron nacionais e 183.216, internacionais. Deste último grupo, destacan países como Estados Unidos, Alemaña, Portugal, Francia, Reino Unido, Irlanda, México, Brasil e Holanda. Por outra banda, o Camiño elixido por excelencia foi o Francés, seguido do Portugués. 

Una escaleira ao ceo

Chámanlle a escaleira ao ceo, e con razón. Na rúa de Ramón del Valle Inclán, dentro do antigo convento dominicano de San Domingos atópase o Museo do Pobo Galego, centro que ofrece unha panorámica das manifestacións máis representativas da cultura propia de Galicia a través dun amplo e variado conxunto de pezas. Máis alén do seu conxunto expositivo, o lugar destaca pola súa escaleira barroca de caracol deseñada por Domingo de Andrade. 

A construción non só é un dos exemplos máis representativos do barroco compostelán, senón que é a única escaleira triple helicoidal do mundo.

Un famoso peregrino que nunca peregrinou

Juan Carlos Lema Balsas, máis coñecido como Zapatones, foi toda unha personalidade en Compostela durante décadas. Ataviado coas súas mellores galas de peregrino, a súa presenza na Praza do Obradoiro foi un símbolo para a cidade.

Foi en 1993, ano Xacobeo, cando comezou a gañar diñeiro en Santiago de Compostela, disfrazado de peregrino, deixándose fotografiar por peregrinos, Tamén mostraba a cidade aos visitantes a través de dúas rutas: a dos monumentos e a das tascas.

O máis curioso da súa traxectoria é que o peregrino máis famoso da historia nunca realizou o Camiño de Santiago. 

A fantasmagórica sombra do peregrino

Son moitas as lendas que alberga Compostela. Unha delas é a da sombra do peregrino da Praza da Quintana. 

Se visitamos durante a noite esta fantasmagórica praza, poderemos observar contra unha das columnas do Pórtico Real, unha sombra que recorda á silueta dun peregrino. Hai moitas teorías sobre esta figura: un cabaleiro, un peregrino, a alma en pena dun sacerdote ao que unha monxa lle rompeu o corazón… Pero a explicación é moito máis sinxela (e quizais un pouco decepcionante para os amantes do misterio): a luz dunha farola ilumina o pé dun pararraios da Catedral e este crea esta peculiar proxección.

Con todas estas cifras de récord, curiosidades e misterios, como non iamos querer (re)descubrir Compostela?

Noticias relacionadas

De museos a ríos: estas son as nosas propostas para poñerlle fin á calor en Compostela 19 ago

De museos a ríos: estas son as nosas propostas para poñerlle fin á calor en Compostela

19/08/2025 Las Bodeguillas
Santiago de Compostela é unha cidade recoñecida polo seu carácter monumental e espiritual, pero tamén é un lugar cheo de propostas que permiten gozar do verán dun xeito distinto. A calor non sempre é doada de levar pero nesta cidade existen alternativas refrescantes, menos convencionais e con moito
Día de Galicia: así serán as festas do Apóstolo en Compostela 17 jul

Día de Galicia: así serán as festas do Apóstolo en Compostela

17/07/2025 Las Bodeguillas
As rúas de Compostela xa arrecenden a festa. Do 18 ao 31 de xullo, a capital galega énchese de vida coas Festas do Apóstolo, unha cita obrigada para a veciñanza e visitantes que cada ano se achegan a desfrutar do Día de Galicia. Este ano, como en anteriores edicións, o programa vén cargado de
San Xoán en Santiago: cacharelas, tradición e comunidade 17 jun

San Xoán en Santiago: cacharelas, tradición e comunidade

17/06/2025 Las Bodeguillas
Chega o verán a Santiago de Compostela e, con el, unha das noites máis máxicas do ano: a noite de San Xoán. Como cada 23 de xuño, dende a Praza de Mazarelos, a cidade énchese de lume, música, tradicións ancestrais e un espírito comunitario que nos achega á nosa cultura.  O San Xoán é moito máis ca
Ascensión 2025: Compostela celebra a súa identidade cunha programación chea de música e tradición 19 may

Ascensión 2025: Compostela celebra a súa identidade cunha programación chea de música e tradición

19/05/2025 Las Bodeguillas
Do 28 de maio ao 1 de xuño, Santiago de Compostela engalanarase para recibir unha nova edición da Ascensión, unha das citas máis emblemáticas do calendario cultural da capital galega.  Un dos aspectos chave desta Ascensión 2025 é a accesibilidade e gratituidade. Todas as actividades son de balde e