Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

5 curiosidades sobre Compostela que descoñecías

Publicado: 17 de abril de 2023, 13:40
  1. Las Bodeguillas
5 curiosidades sobre Compostela que descoñecías

Compostela cada vez ten máis protagonismo entre os turistas nacionais e internacionais. É innegable que a Catedral e Camiño de Santiago son dous dos reclamos máis importantes. De feito, nos catro meses que levamos de 2023, a cidade xa recibiu a máis de 39.000 peregrinos, dos cales máis de 16.000 foron tan só durante o mes de abril. Na capital galega hai moito que explorar e hoxe contámosche algunhas curiosidades que seguro que non coñecías e que farán que queiras (re)visitala.

Dous Xacobeos de dous anos

O último Xacobeo foi un tanto peculiar en canto á duración se refire. A pandemia pola COVID-19 púxose por diante dos plans de milleiros de devotos que acudirían á Porta Santa. Por iso, emitiuse unha petición especial á Santa Sede para estender a súa duración ata o 2022.


Sen embargo, esta non foi a única ocasión na que Galicia festexou un Xacobeo de dous anos. Hai que remontarse aos anos trinta do pasado século, cando a Guerra Civil e a distancia ao anterior Xacobeo (o último fora once anos atrás) foron motivos de peso para que o evento relixioso ocupase os anos 1937 e o 1938.

O maior número de peregrinos da historia

Se o 2022 foi particular polo mencionado, tamén o foi polo número de peregrinos que chegaron á Praza do Obradoiro. A Oficina de Acollida ao Peregrino rexistrou a chegada de 404.398 peregrinos, o que representa a cifra máis elevada da historia. Desta cantidade 221.181 foron nacionais e 183.216, internacionais. Deste último grupo, destacan países como Estados Unidos, Alemaña, Portugal, Francia, Reino Unido, Irlanda, México, Brasil e Holanda. Por outra banda, o Camiño elixido por excelencia foi o Francés, seguido do Portugués. 

Una escaleira ao ceo

Chámanlle a escaleira ao ceo, e con razón. Na rúa de Ramón del Valle Inclán, dentro do antigo convento dominicano de San Domingos atópase o Museo do Pobo Galego, centro que ofrece unha panorámica das manifestacións máis representativas da cultura propia de Galicia a través dun amplo e variado conxunto de pezas. Máis alén do seu conxunto expositivo, o lugar destaca pola súa escaleira barroca de caracol deseñada por Domingo de Andrade. 

A construción non só é un dos exemplos máis representativos do barroco compostelán, senón que é a única escaleira triple helicoidal do mundo.

Un famoso peregrino que nunca peregrinou

Juan Carlos Lema Balsas, máis coñecido como Zapatones, foi toda unha personalidade en Compostela durante décadas. Ataviado coas súas mellores galas de peregrino, a súa presenza na Praza do Obradoiro foi un símbolo para a cidade.

Foi en 1993, ano Xacobeo, cando comezou a gañar diñeiro en Santiago de Compostela, disfrazado de peregrino, deixándose fotografiar por peregrinos, Tamén mostraba a cidade aos visitantes a través de dúas rutas: a dos monumentos e a das tascas.

O máis curioso da súa traxectoria é que o peregrino máis famoso da historia nunca realizou o Camiño de Santiago. 

A fantasmagórica sombra do peregrino

Son moitas as lendas que alberga Compostela. Unha delas é a da sombra do peregrino da Praza da Quintana. 

Se visitamos durante a noite esta fantasmagórica praza, poderemos observar contra unha das columnas do Pórtico Real, unha sombra que recorda á silueta dun peregrino. Hai moitas teorías sobre esta figura: un cabaleiro, un peregrino, a alma en pena dun sacerdote ao que unha monxa lle rompeu o corazón… Pero a explicación é moito máis sinxela (e quizais un pouco decepcionante para os amantes do misterio): a luz dunha farola ilumina o pé dun pararraios da Catedral e este crea esta peculiar proxección.

Con todas estas cifras de récord, curiosidades e misterios, como non iamos querer (re)descubrir Compostela?

Noticias relacionadas

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro 20 oct

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro

20/10/2026 Las Bodeguillas
  A próxima semana, do 26 ao 30 de outubro, o Teatro Principal de Compostela acolle unha nova edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Dende hai máis de vinte anos, o festival tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da
Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben 15 oct

Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben

15/10/2026 Las Bodeguillas
Esta semana vivimos unha desas experiencias que merecen gozarse sen présa: Tertulias Bodeguillas, cata didáctica e cea con Bodegas Valduero. Para guiarnos contamos con Sergio Sánchez, director comercial de Bodegas Valduero, que puido compartir connosco a historia, o coñecemento e a paixón que hai
Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa 24 sep

Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa

24/09/2026 Las Bodeguillas
O mes de outubro chega a Compostela coas zapatillas e dorsais como protagonistas absolutas da cidade. Se es afeccionado ao running ou simplemente che gusta o ambiente deportivo e ver pasar as carreiras cunha boa comida esperándote despois, apunta estas dúas citas no teu calendario.  O sábado 10 de
Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro 25 ago

Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro

25/08/2026 Las Bodeguillas
Con setembro á volta da esquina, é o momento de ollar as novas propostas culturais que a cidade trae para nós. A chegada do novo mes non traerá consigo rúas ateigadas de universitarios que comezan un novo curso escolar, senón que tamén estarán ben cheíñas de arte, música e creación. Se estás de