Esta semana tivemos o pracer de compartir con vós unha cata moi especial da man de Pariente Tradición Familiar, un proxecto que une tres adegas cunha mesma filosofía: o respecto pola terra, a tradición vitivinícola e a procura da máxima expresión de cada viño.
Para descubrir estes viños e coñecer mellor a historia que hai detrás de cada botella, contamos coa presenza de Marcos Docasal, responsable comercial de Pariente Tradición Familiar.
Tres adegas, tres territorios e unha mesma paixón polo viño:
- José Pariente · D.O. Rueda: elegancia, frescura e complexidade, con marcada expresión e tipicidade.
- Prieto Pariente · D.O. Bierzo: viños singulares, de carácter diferenciador e cun perfil de frescura e complexidade.
- A Vilerma · D.O. Ribeiro: unha paisaxe marabillosa e a ilusión de rescatar castes tradicionais do Ribeiro
Tres formas diferentes de entender o viño, tres territorios con personalidade propia e unha mesma aposta pola calidade e a autenticidade.