Desde a nosa sala de catas da Bodeguilla de San Lázaro, presentamos unha nova experiencia arredor do viño. Nesta ocasión, gozamos dunha cata degustación de novas anadas e dunha cata vertical de viños de Bodegas Quinta Sardonia, adega fundada en 1998 en Sardón de Duero. Contamos coa presenza de Cristian Rey Oubiña, enólogo da bodega, que compartirá connosco os seus coñecementos, a súa experiencia e a paixón que hai detrás de cada botella.
A expresión dun terroir único no val do Douro, un dos grandes territorios vitivinícolas do mundo, nace da diversidade de quince terroirs diferentes, de natureza calcaria, que achegan riqueza, complexidade e matices propios aos seus viños.
A combinación de sete variedades de uva, co Tinto Fino como protagonista, dá lugar a viños que reflicten a diversidade dos seus solos, o carácter do clima do Douro e a personalidade de cada parcela. A súa viticultura, baseada nos principios da biodinámica, busca o equilibrio natural entre o solo, a vide e o seu ecosistema.
QS é moito máis ca unha adega: é un proxecto nacido da paixón polo viño e do compromiso coa terra.