Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Tres plans culturais que non te podes perder en Compostela

Publicado: 05 de noviembre de 2026, 15:32 (Hace 1 hora)
  1. Las Bodeguillas
Tres plans culturais que non te podes perder en Compostela

Se vas a estar por Santiago de Compostela nestas vindeiras semanas, non te podes perder algúns dos eventos culturais máis soados do outono na cidade: Cineuropa, o Outono Códax Festival o Mercado da Arte.

Cineuropa chega á súa 40ª edición, que se celebrará do 6 ao 22 de novembro, co mesmo obxectivo de achegar propostas cinematográficas, sensibilidades e formas de narrar diferentes. Sen esquecerse dos grandes premios de Cannes, Berlín, Venecia ou San Sebastián, esta cita fai fincapé no pequeno cine alternativo, reunindo a grandes nomes con novos realizadores. Deste xeito, a programación inclúe filmes como Fjord, Minotauro, Fatherland ou All of a sudden, así como Everybody Digs Bill Evans ou Rose. Ademais, Cineuropa estreará en Galicia os novos traballos de Eloy Domínguez, Tralovento, Eloy Enciso, Todo es cárcel, e Sebastián Uría, Adiós, Ríos, así como a primeira obra de Ledia Sola, As augas. Por outra banda, Biografía de Jorge Luis Borges, de Mariano Llinás, e o documental Diario de un infiltrado –con imaxes inéditas dos campos de prisioneiros da ditadura de Pinochet- figuran entre as propostas destacados da edición. Felipe Lage, Laia Marull, Robert Guédiguian e Moisés González son as figuras que recollerán os Premios Cineuropa.

Dende o 7 de novembro e ao longo de todo o mes, desfrutarase nas salas Capitol e Riquela da XVI edición de Outono Códax Festival. Trátase dun encontro que achega a Galicia nomes lexendarios das músicas de raíz afroamericana pero tamén propostas de actualidade, encabezados polo soul, o garage ou o rock. Esta edición contará con artistas como Barrence Whitfield & MFC Chicken, The Sadies, The Fuzztones, DeRobert & The Half-Truths, Kitty, Daisy & Lewis, Tiwayo, MRCY, HENGE, Oh! Gunquit, Howlin’ Jaws, Terra Lightfoot ou Skanderani. 

O Mercado da Arte é unha proposta para os amantes da arte e a creatividade. Celebrarase o sábado 14 de novembro, de 11:00 a 20:30 horas, nas instalacións de Área Central. O encontro, organizado por No todo el pescado está vendido, reunirá a máis de 80 artistas e creadores da comunidade e tamén doutros puntos do país, que presentarán traballos orixinais e feitos de maneira artesá. O público poderá adquirir pezas únicas de ilustración, pintura, cerámica, ourivaría e téxtil. Ademais, o evento contará coa actuación musical Rosalía Cantareira por Jara Ortiz ás 12:30 horas e, xa pola tarde, ás 18:00 horas, con Paco Nogueiras.

E, por suposto, non esquezas facer a parada rigorosa na Bodeguilla de Santa Marta ou na Bodeguilla de San Lázaro para poñerlle aínda mellor sabor de boca á cultura.

Noticias relacionadas

Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir. 29 oct

Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir.

29/10/2026 Las Bodeguillas
Desde a nosa sala de catas da Bodeguilla de San Lázaro, presentamos unha nova experiencia arredor do viño. Nesta ocasión, gozamos dunha cata degustación de novas anadas e dunha cata vertical de viños de Bodegas Quinta Sardonia, adega fundada en 1998 en Sardón de Duero. Contamos coa presenza de
Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro 20 oct

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro

20/10/2026 Las Bodeguillas
  A próxima semana, do 26 ao 30 de outubro, o Teatro Principal de Compostela acolle unha nova edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Dende hai máis de vinte anos, o festival tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da
Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben 15 oct

Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben

15/10/2026 Las Bodeguillas
Esta semana vivimos unha desas experiencias que merecen gozarse sen présa: Tertulias Bodeguillas, cata didáctica e cea con Bodegas Valduero. Para guiarnos contamos con Sergio Sánchez, director comercial de Bodegas Valduero, que puido compartir connosco a historia, o coñecemento e a paixón que hai
Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa 24 sep

Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa

24/09/2026 Las Bodeguillas
O mes de outubro chega a Compostela coas zapatillas e dorsais como protagonistas absolutas da cidade. Se es afeccionado ao running ou simplemente che gusta o ambiente deportivo e ver pasar as carreiras cunha boa comida esperándote despois, apunta estas dúas citas no teu calendario.  O sábado 10 de