Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

5 pratos nos que atoparás o outono en cada bocado

Publicado: 29 de octubre de 2023, 16:48
  1. Las Bodeguillas
5 pratos nos que atoparás o outono en cada bocado

No recuncho gastronómica que é este blog das Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta non puidemos resistirnos a explorar os sabores e os aromas da estación que estamos atravesando. O outono é unha época fermosa, corida con tons ocres da que non podemos desaproveitar todos os ingredientes de temporada e inspiración culinaria que nos ofrece. Por iso, é necesario facer un breve resumo de todas as deliciosas receitas que preparamos cos mellores ingredientes e materias primas características desta tempada.

O outono de San Lázaro

Esta tempada caracterizase por eses pratos que nos fan encher a barriga e quecer o corazón. Por iso, algúns indispensables para esta época son o xarrete de tenreira estofado ou o ragut de vaca cachena con arroz.

Se o que estás a buscar é unha proposta para abrir boca e compartir, non podes deixar de probar o salteado de boletus á crema con lagostinos. E, se queres acompañalo doutro entrante irresistible, as croquetas caseiras de xamón con salsa de queixo son unhas das nosas preferidas.

E xa se falamos de sobremesas, a castaña, xunto co chocolate, é a grande estrela das nosas elaboracións. Recomendámosche o tiramisú de castañas ou o flan de castañas. Aínda que se queres outra sobremesa que inclúa unha froita de tempada, o queixo de Arzúa Ulloa con marmelo é para ti. E, iso si, non esquezas acompañamos dalgún dos nosos viños de sobremesa.

O outono de Santa Marta

As tixolas son un dos nosos pratos fortes para compartir e saborear en boa compañía. Por iso, neste outono non te podes perder a tixola de zamburiñas, champiñóns e algas ecolóxicas, aínda que a nosa ensalada de confit de pato con mazá e pera confitada nada ten que envexarlle. E, se queres probar algo diferente, recomendámosche conservas de A Conserveira como a tosta de Sardine Millesimé con tomate confitado.


Se o que che gusta é o doce, tes que probar, unha vez máis, o tiramisú de castañas ou o Queixo Arzúa-Ulla con marmelo pero tamén o brownie de chocolate con noces ou o cremoso de AOVE con chocolate de Cuzco e flor de sal.


Desde pratos quentes e reconfortantes ata sobremesas que conquistarán o voso paladar, estades convidados a descubrir a nosa interpretación única dos sabores outonais. As mesas están postas, as cadeiras agardan, e o outono está aquí para ser saboreado. Agardámosvos nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta.

Noticias relacionadas

Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir. 29 oct

Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir.

Hace 14 horas Las Bodeguillas
Desde a nosa sala de catas da Bodeguilla de San Lázaro, presentamos unha nova experiencia arredor do viño. Nesta ocasión, gozamos dunha cata degustación de novas anadas e dunha cata vertical de viños de Bodegas Quinta Sardonia, adega fundada en 1998 en Sardón de Duero. Contamos coa presenza de
Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro 20 oct

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro

20/10/2026 Las Bodeguillas
  A próxima semana, do 26 ao 30 de outubro, o Teatro Principal de Compostela acolle unha nova edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Dende hai máis de vinte anos, o festival tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da
Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben 15 oct

Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben

15/10/2026 Las Bodeguillas
Esta semana vivimos unha desas experiencias que merecen gozarse sen présa: Tertulias Bodeguillas, cata didáctica e cea con Bodegas Valduero. Para guiarnos contamos con Sergio Sánchez, director comercial de Bodegas Valduero, que puido compartir connosco a historia, o coñecemento e a paixón que hai
Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa 24 sep

Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa

24/09/2026 Las Bodeguillas
O mes de outubro chega a Compostela coas zapatillas e dorsais como protagonistas absolutas da cidade. Se es afeccionado ao running ou simplemente che gusta o ambiente deportivo e ver pasar as carreiras cunha boa comida esperándote despois, apunta estas dúas citas no teu calendario.  O sábado 10 de