Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben

Publicado: 15 de octubre de 2026, 12:55
  1. Las Bodeguillas
Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben

Esta semana vivimos unha desas experiencias que merecen gozarse sen présa: Tertulias Bodeguillas, cata didáctica e cea con Bodegas Valduero. Para guiarnos contamos con Sergio Sánchez, director comercial de Bodegas Valduero, que puido compartir connosco a historia, o coñecemento e a paixón que hai detrás de cada botella. Diego García e todo o equipo de cociña da Bodeguilla de Santa Marta prepararon unha cea pensada para acompañar cada un destes viños.

Esta vez viaxamos ata a Ribera del Duero para coñecer unha adega familiar cunha filosofía moi especial. Valduero foi fundada en 1984 por Gregorio García Álvarez xunto coas súas fillas Yolanda, enóloga, e Carolina, directora comercial. A súa identidade xira arredor dunha idea que hoxe resulta case revolucionaria: facer menos, facelo con calma e facelo ben. A súa aposta céntrase nos viños de alta gama, especialmente Reservas e Grandes Reservas, onde o tempo, a crianza e a paciencia son parte esencial do proceso.

Pero Valduero tamén soubo mirar cara ao futuro. Foi pioneira na recuperación e posta en valor da Albillo Mayor, a variedade branca autóctona da Ribera del Duero, e demostrou que esta uva pode dar brancos con personalidade e capacidade de garda.

  • Os viños, copa a copa:
    Valduero Blanco de Albillo Mayor. Un branco elegante, traballado sobre lías, que nos permitirá descubrir todo o que pode ofrecer esta variedade.
  • Valduero Una Cepa. Quizais o viño que mellor representa a filosofía da adega: cada cepa produce unicamente a uva necesaria para unha soa botella.
  • Valduero 2 Cotas Reserva. Un tinto potente e carnoso, cunha longa crianza en barricas de diferentes orixes e un posterior afinamento en botella.
  • Valduero 6 Años. Seis anos de espera antes de chegar á copa: tres en barrica e outros tres de repouso en botella. Porque hai viños que precisan tempo para converterse no que están destinados a ser.

E, dende a cociña, saíron mexillóns da ría en prebe verde, contramuslo de polo de curral en prebe, canelón de cordeiro leital con pebre de cogomelos, hamburguesa de croca de vaca con prebe de mostaza e cacahuete e cañiñas do Carballiño recheas de crema de trufa e froitos vermellos.

Noticias relacionadas

Respecto pola terra, tradición vitivinícola e procura da máxima expresión de cada viño 6 nov

Respecto pola terra, tradición vitivinícola e procura da máxima expresión de cada viño

06/11/2026 Las Bodeguillas
Esta semana tivemos o pracer de compartir con vós unha cata moi especial da man de Pariente Tradición Familiar, un proxecto que une tres adegas cunha mesma filosofía: o respecto pola terra, a tradición vitivinícola e a procura da máxima expresión de cada viño. Para descubrir estes viños e coñecer
Tres plans culturais que non te podes perder en Compostela 5 nov

Tres plans culturais que non te podes perder en Compostela

05/11/2026 Las Bodeguillas
Se vas a estar por Santiago de Compostela nestas vindeiras semanas, non te podes perder algúns dos eventos culturais máis soados do outono na cidade: Cineuropa, o Outono Códax Festival o Mercado da Arte. Cineuropa chega á súa 40ª edición, que se celebrará do 6 ao 22 de novembro, co mesmo obxectivo
Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir. 29 oct

Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir.

29/10/2026 Las Bodeguillas
Desde a nosa sala de catas da Bodeguilla de San Lázaro, presentamos unha nova experiencia arredor do viño. Nesta ocasión, gozamos dunha cata degustación de novas anadas e dunha cata vertical de viños de Bodegas Quinta Sardonia, adega fundada en 1998 en Sardón de Duero. Contamos coa presenza de
Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro 20 oct

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro

20/10/2026 Las Bodeguillas
  A próxima semana, do 26 ao 30 de outubro, o Teatro Principal de Compostela acolle unha nova edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Dende hai máis de vinte anos, o festival tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da