Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa

Publicado: 24 de septiembre de 2026, 09:23
  1. Las Bodeguillas
Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa

O mes de outubro chega a Compostela coas zapatillas e dorsais como protagonistas absolutas da cidade. Se es afeccionado ao running ou simplemente che gusta o ambiente deportivo e ver pasar as carreiras cunha boa comida esperándote despois, apunta estas dúas citas no teu calendario. 

O sábado 10 de outubro, o Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan volve ao barrio de San Pedro coa cuarta proba da súa XII edición. É un clásico que achega o deporte popular aos barrios de Santiago, cun ambiente familiar e categorías para todas as idades: os máis pequenos da categoría escolar percorren de 1.250 metros a 2.500 metros, en función da idade, e os adultos, a partir de sub 18, completan os 5 quilómetros. A inscrición para adultos ten un prezo simbólico e os escolares corren de balde. Ademais, quen complete polo menos catro das cinco probas do circuíto entra na clasificación xeral, así que moitos veciños e veciñas do barrio levan meses preparándose para esta cita. Esta será o penúltimo encontro deste conxunto de carreiras, que se despedirá o 14 de novembro na Ruta de Prata por Angrois.

Quince días despois, o domingo 25 de outubro, chega unha das probas máis emblemáticas do atletismo popular da cidade e tamén de Galicia: a 47ª Carreira Pedestre Popular de Santiago. É un percorrido de 12 quilómetros que atravesa as rúas de Compostela, cun ambiente e un apoio do público único que a converten nunha das citas destacadas do calendario deportivo santiagués. A saída está prevista ás 10:00 horas na Avenida de Xoán XXIII, coa inscrición a 10 euros para adultos e 5 euros para nenos, e o prazo permanecerá aberto ata o 18 de outubro ás 23:59 horas ou ata esgotar as prazas dispoñibles. Na edición pasada, o encontro reuniu a máis de 3.820 atletas que descubriron (ou redescubriron) un trazado que é descrito por algúns como o máis bonito do mundo.

Se participas nalgunha destas dúas carreiras ou simplemente vés animar aos corredores, nas Bodeguillas estarémoste esperando con propostas de tempada e produtos de primeira calidade.

Noticias relacionadas

Respecto pola terra, tradición vitivinícola e procura da máxima expresión de cada viño 6 nov

Respecto pola terra, tradición vitivinícola e procura da máxima expresión de cada viño

06/11/2026 Las Bodeguillas
Esta semana tivemos o pracer de compartir con vós unha cata moi especial da man de Pariente Tradición Familiar, un proxecto que une tres adegas cunha mesma filosofía: o respecto pola terra, a tradición vitivinícola e a procura da máxima expresión de cada viño. Para descubrir estes viños e coñecer
Tres plans culturais que non te podes perder en Compostela 5 nov

Tres plans culturais que non te podes perder en Compostela

05/11/2026 Las Bodeguillas
Se vas a estar por Santiago de Compostela nestas vindeiras semanas, non te podes perder algúns dos eventos culturais máis soados do outono na cidade: Cineuropa, o Outono Códax Festival o Mercado da Arte. Cineuropa chega á súa 40ª edición, que se celebrará do 6 ao 22 de novembro, co mesmo obxectivo
Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir. 29 oct

Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir.

29/10/2026 Las Bodeguillas
Desde a nosa sala de catas da Bodeguilla de San Lázaro, presentamos unha nova experiencia arredor do viño. Nesta ocasión, gozamos dunha cata degustación de novas anadas e dunha cata vertical de viños de Bodegas Quinta Sardonia, adega fundada en 1998 en Sardón de Duero. Contamos coa presenza de
Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro 20 oct

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro

20/10/2026 Las Bodeguillas
  A próxima semana, do 26 ao 30 de outubro, o Teatro Principal de Compostela acolle unha nova edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Dende hai máis de vinte anos, o festival tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da