Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

A estrela do Nadal: así están a ser as festas en Compostela

Publicado: 23 de diciembre de 2025, 13:39
  1. Las Bodeguillas
A estrela do Nadal: así están a ser as festas en Compostela

O Nadal é unha das épocas máis especiais do ano e as rúas de Compostela convértense no lugar perfecto para desfrutar del. Durante algo máis dun mes, a cidade é o epicentro de numerosas actividades culturais para todas as idades e, hoxe, facémosche un pequeno repaso delas. 

Baixo o lema “Compostela, a estrela do Nadal”, a capital galega celebra estas datas cunha proposta que combina tradición, cultura, música, actividades infantís e moitos plans ao aire libre. E así que o primeiro plan do que desfrutar é o de perderse polas rúas e deixarse encandilar pola iluminación de Nadal. Espazos tan emblemáticos como a Praza do Obradoiro, a Quintana, o Toural, Cervantes, Bonaval ou o paseo da Ferradura énchense de luz, convidando a pasear con calma.

Entre as actividades máis populares destaca o Mercado de Nadal situado na Carreira do Conde, aberto ata o 5 de xaneiro. Nel pódense atopar postos de artesanía, deseño, decoración e gastronomía gourmet, ademais dun completo espazo infantil con obradoiros diarios para a cativada. A partir do 20 de decembro, tamén hai Mercado de Nadal en Área Central, ampliando a oferta de compras e actividades.

A praza Roxa convértese noutro dos centros neurálxicos destas festas. A Carpa Roxa acolle concertos, espectáculos familiares, maxia, contacontos, cine e propostas participativas como o "Eh!.. Domingo", con sesións de música e baile pensadas para todas as idades. Moi preto, na Alameda, o espazo Alameda en Xogo ofrece unha pista de xeo ecolóxica e xogos para gozar en familia durante as vacacións.

Outro dos elementos máis singulares da programación é o Xardín das 8 Puntas, unha iniciativa que leva o Nadal a diferentes barrios e parroquias como San Lázaro, Conxo, Sar, San Pedro, Vista Alegre ou O Castiñeiriño. Estes espazos están pensados para pasear, facer fotos e participar en actividades como O álbum dos bicos, cun toque lúdico e participativo.

O Nadal en Compostela tamén é tempo de tradicións. A visita da Apalpadora, os beléns espallados pola cidade (como o gran belén de San Fiz de Solovio, con máis de 500 figuriñas), a Carreira de San Silvestre o 31 de decembro, a festa de Fin de Ano no Obradoiro ou a esperada Cabalgata de Reis forman parte dunha programación que combina emoción, cultura popular e espírito festivo.

O Nadal en Compostela é unha invitación a vivir a cidade sen présa e a compartir momentos cos nosos seres queridos. Por iso, tamén na Bodeguilla de Santa Marta e San Lázaro agardamos por ti para saborear as festas con todos os sentidos. 

Noticias relacionadas

Respecto pola terra, tradición vitivinícola e procura da máxima expresión de cada viño 6 nov

Respecto pola terra, tradición vitivinícola e procura da máxima expresión de cada viño

06/11/2026 Las Bodeguillas
Esta semana tivemos o pracer de compartir con vós unha cata moi especial da man de Pariente Tradición Familiar, un proxecto que une tres adegas cunha mesma filosofía: o respecto pola terra, a tradición vitivinícola e a procura da máxima expresión de cada viño. Para descubrir estes viños e coñecer
Tres plans culturais que non te podes perder en Compostela 5 nov

Tres plans culturais que non te podes perder en Compostela

05/11/2026 Las Bodeguillas
Se vas a estar por Santiago de Compostela nestas vindeiras semanas, non te podes perder algúns dos eventos culturais máis soados do outono na cidade: Cineuropa, o Outono Códax Festival o Mercado da Arte. Cineuropa chega á súa 40ª edición, que se celebrará do 6 ao 22 de novembro, co mesmo obxectivo
Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir. 29 oct

Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir.

29/10/2026 Las Bodeguillas
Desde a nosa sala de catas da Bodeguilla de San Lázaro, presentamos unha nova experiencia arredor do viño. Nesta ocasión, gozamos dunha cata degustación de novas anadas e dunha cata vertical de viños de Bodegas Quinta Sardonia, adega fundada en 1998 en Sardón de Duero. Contamos coa presenza de
Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro 20 oct

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro

20/10/2026 Las Bodeguillas
  A próxima semana, do 26 ao 30 de outubro, o Teatro Principal de Compostela acolle unha nova edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Dende hai máis de vinte anos, o festival tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da