Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

A nosa carta e bodega: un brindis ao sabor en Santiago de Compostela

Publicado: 20 de octubre de 2025, 11:26
  1. Las Bodeguillas
A nosa carta e bodega: un brindis ao sabor en Santiago de Compostela

No corazón de Compostela, atópanse Bodeguilla de Santa Marta e Bodeguilla de San Lázaro, lugares nos que buscamos que o tempo pareza deter­se para gozar da boa cociña, do viño e da conversa. O noso restaurante naceu coa idea de ofrecer unha experiencia completa: unha cociña galega auténtica, baseada no produto fresco e de calidade, acompañada dunha bodega que fala por si mesma.

A nosa carta é un reflexo do que somos: paixón polo produto local, respecto pola tradición e un toque contemporáneo que fai que cada prato teña personalidade. Na nosa cociña entran só ingredientes que nos inspiran — peixes e mariscos das rías, carnes galegas, verduras de tempada e elaboracións que respectan o sabor de sempre. Gústanos que cada prato teña ese punto de honestidade que fai que o cliente saiba o que está a comer, e que volva, non só polo gusto, senón pola sensación de sentirse na casa.

Mais se algo cremos que distingue a Bodeguilla de Santa Marta e San Lázaro son, sen dúbida, as súas bodega. Desde o primeiro día puxemos especial coidado na selección de viños, buscando un equilibrio entre as denominacións galegas —Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Monterrei ou Ribeira Sacra— e etiquetas destacadas doutras rexións de España. O noso obxectivo é que cada copa conte unha historia: a do viticultor, a da terra, e tamén a de quen a goza na nosa mesa. Ademais, organizamos catas e presentacións de viños, encontros nos que maridamos o mellor da nosa cociña con propostas singulares que sorprenden e invitan a descubrir novos matices.

En La Bodeguilla gústanos que a mesa sexa un espazo para compartir. As nosas tapas e racións —queixos, embutidos, croquetas caseiras ou pratos tradicionais— están pensadas para acompañar unha boa conversa, cun viño que realce cada sabor. O ambiente é tranquilo e acolledor, con ese toque moderno que non esquece a esencia galega. Aquí o tempo non apura: a idea é desfrutar con calma, entre amigos, en parella ou coa familia.

O noso restaurante é tamén un punto de encontro no día a día compostelán, perfecto tanto para un xantar de traballo coma para unha cea especial. E se o que buscas é celebrar, brindar ou simplemente deixar que o padal se deixe sorprender, o noso equipo estará encantado de aconsellarche o mellor maridaxe segundo o prato ou o teu gusto persoal.

En definitiva, en La Bodeguilla cremos que o viño non é só unha bebida: é unha forma de entender a vida, un compañeiro perfecto para a nosa cociña e o punto de encontro entre tradición, territorio e sabor. Convidámoste a descubrir as nosas cartas, a deixar que o aroma dos distintos pratos che abra o apetito e que un bo viño che faga esquecer o reloxo. Porque en Santiago, e especialmente na nosa casa, cada xantar é unha celebración do gusto e do momento presente.

Noticias relacionadas

Compostela vive as súas Festas do Apóstolo 2026 16 jul

Compostela vive as súas Festas do Apóstolo 2026

16/07/2026 Las Bodeguillas
Durante dez días, do 22 ao 31 de xullo, Compostela vivirá unha das citas máis agardadas do seu calendario festivo, as Festas do Apóstolo. Se andas pola cidade estes días (ou estás pensando en vir) paga a pena coñecer o que che espera. A programación arrinca o mércores 22 coa Real Filharmonía de
Dende o corazón da Ribera del Duero a Compostela: Bodegas Cruz de Alba 19 jun

Dende o corazón da Ribera del Duero a Compostela: Bodegas Cruz de Alba

19/06/2026 Las Bodeguillas
Chegou unha nova noite especial á Bodeguilla de Santa Marta: unha cea degustación da man de Bodegas Cruz de Alba, unha das adegas máis singulares do corazón da Ribera del Duero. A súa filosofía orgánica, biodinámica e os seus viños honestos fixeron desta unha experiencia que vai moito máis alá da
  Unha nova cita coa cultura do viño, na nosa sala de catas 12 jun

  Unha nova cita coa cultura do viño, na nosa sala de catas

12/06/2026 Las Bodeguillas
Recibimos unha selección moi especial de viños do grupo Artevino, catro adegas con presenza nas catro denominacións de orixe máis prestixiosas: Rioja, Ribera del Duero, Toro e Rueda. Para guiarnos nesta experiencia contamos coa presenza de Miguel Gavito, director nacional de vendas do grupo, que
Música, deporte, teatro e festa para espremer Compostela en xuño 4 jun

Música, deporte, teatro e festa para espremer Compostela en xuño

04/06/2026 Las Bodeguillas
O verán está comezando a deixarse ver e as rúas de Santiago cunha axenda cultural extensa. Xuño ofrece moito máis que a Noite de San Xoan e a cidade promete converterse no epicentro absoluto da cultura, a música e a festa en Galicia. Así que alá imos a facer un pequeno repaso dos plans cos que a