Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

As festas da Ascensión 2026 xa están aquí

Publicado: 06 de mayo de 2026, 15:47
  1. Las Bodeguillas
As festas da Ascensión 2026 xa están aquí

Santiago de Compostela xa cheira a festa. Coa chegada do mes de maio, a cidade vístese de gala para celebrar unha das súas citas máis queridas, as da Festas da Ascensión. Este 2026, a programación vén cargada de música, cultura e, se aínda quedades con ganas de máis, nas Bodeguillas agardámosvos coa mellor gastronomía.

A programación deste ano arranca o martes 12 de maio co espectáculo O cuarto x Tanxugueiras, que servirá como conta atrás para a presentación do novo álbum do grupo. Xa o mércores 13, o Teatro Principal acollerá a función Espiñas Rosas do colectivo ARTías Teatro, con entrada gratuíta previa recollida en taquilla. Xa pola noite, a partires das 21.00 horas na Praza da Quintana, terá lugar un dos momentos máis agardados las festas, Santiago 40 Pop. Este evento, presentado por Tony Aguilar, contará con artistas como Chiara Oliver, Ruslana, Marlon, Samuraï, Daniela Blasco, Kenneth, O Xoán, Tapa D’Orella, Kike Varela e Álvaro Puga. A noite rematará na Alameda coa orquesta América de Vigo.  

O xoves 14, Día da Ascensión, será o día máis tradicional. Pola mañá, a alborada de A.C. Música e Baile Tradicional de Conxo espertará aos veciños da cidade, ao que lle seguirá un concerto da Banda Municipal de Música de Santiago e a Agrupación Folclórica Colexiata do Sar na Praza da Quintana. Tampouco faltarán os cabezudos e o folk na rúa, que serán os grandes protagonistas na zona vella de Compostela. Tamén nesta xornada, celebrarase a Feira Cabalar de Amio, de 10.00 a 14.30 horas. O broche final do día poñerao Mondra cun concerto na Praza da Quintana e a orquesta Marbella na Alameda.

O venres 15 comezará coa alborada a cargo da A.C. Devagariño, seguirá con concertos corais na zona vella e rematará coa orquesta La Oca na Alameda. Nesta xornada tamén terán lugar o XLIX Torneo de Chave, que se extenderá durante dúas xornadas, e o Compos Fest.

Xa o sábado 16, comezará coa alborada a cargo de Xirandaina, seguirá coa actuación de escolas de bale tradicional e rematará cos cantos de taberna, o concerto de Alba Reche e a orquesta Atenas. Tamén terán lugar actividades tan variadas como o Campionato Galego de Espada, FastLife ExpoMotor, a XXVI Festa dos Maiores e un encontro coral no Teatro Principal.

As Letras Galegas serán as grandes protagonistas da última xornada das Festas da Ascensión. O domingo 17 contará co concerto “A voz das Letras Galegas” a cargo da Banda Municipal de Santiago e dirixido por David Fiuza, así como o espectáculo coral “Circes e Morganas” no que se celebra a figura de Begoña Caamaño.

Con este escenario, a cidade convértese nun lugar perfecto para deixar pasar as horas entre concertos, paseos e encontros. E, como non podía ser doutro xeito, nas Bodeguillas agardámoste cos brazos abertos para ofrecerche as mellores propostas gastronómicas coas que sorprender ao teu padal.

Noticias relacionadas

Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir. 29 oct

Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir.

29/10/2026 Las Bodeguillas
Desde a nosa sala de catas da Bodeguilla de San Lázaro, presentamos unha nova experiencia arredor do viño. Nesta ocasión, gozamos dunha cata degustación de novas anadas e dunha cata vertical de viños de Bodegas Quinta Sardonia, adega fundada en 1998 en Sardón de Duero. Contamos coa presenza de
Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro 20 oct

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro

20/10/2026 Las Bodeguillas
  A próxima semana, do 26 ao 30 de outubro, o Teatro Principal de Compostela acolle unha nova edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Dende hai máis de vinte anos, o festival tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da
Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben 15 oct

Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben

15/10/2026 Las Bodeguillas
Esta semana vivimos unha desas experiencias que merecen gozarse sen présa: Tertulias Bodeguillas, cata didáctica e cea con Bodegas Valduero. Para guiarnos contamos con Sergio Sánchez, director comercial de Bodegas Valduero, que puido compartir connosco a historia, o coñecemento e a paixón que hai
Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa 24 sep

Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa

24/09/2026 Las Bodeguillas
O mes de outubro chega a Compostela coas zapatillas e dorsais como protagonistas absolutas da cidade. Se es afeccionado ao running ou simplemente che gusta o ambiente deportivo e ver pasar as carreiras cunha boa comida esperándote despois, apunta estas dúas citas no teu calendario.  O sábado 10 de