Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Cinco pratos das Bodeguillas para combater o Blue Monday

Publicado: 19 de enero de 2026, 08:00
  1. Las Bodeguillas
Cinco pratos das Bodeguillas para combater o Blue Monday

Cada terceiro luns de xaneiro celébrase o chamado Blue Monday, isto é, o día máis triste do ano. Aínda que esta data ten máis de estratexia publicitaria que de ciencia, a súa orixe débese ao profesor da Universidade de Cardiff Cliff Arnal, que propuxo unha ecuación na que se contemplaba o clima frío, a luz natural escasa, as resolucións de Ano Novo que xa fixeron augas e os gastos de Nadal que daban como resultado á falta de enerxía e ánimo.

Se ben non podemos loitar contra este suposto desanimo xeralizado, si que podemos levantar o ánimo daqueles que nos visitedes nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta coa nosa cociña, con produtos de tempada e pratos feitos con moito mimo e esmero.

Unha forma irresistible de facer fronte ao Blue Monday é apostar polas texturas e sabores que reconfortan. Así pois, unhas boas croquetas caseiras de xamón ibérico, polbo, marisco ou xamón con salsa de queixo, poden ser o comezo perfecto para animar calquera día gris. E que dicir dos embutidos, xamóns e queixos galego. Se o voso é o picoteo entre boas conversas, non te podes perder todas as nosas propostas de primeira calidade, acompañadas tamén dos produtos de A Conserveira. 

Para quen prefira o mar, os mariscos e peixes son unha fonte natural de ácidos graxos omega-3, asociados á mellora do estado de ánimo e o benestar xeral. Deste xeito, propoñémosche pratos que van dende un arroz negro de sepia ata unha tixola de boletus á crema con lagostinos. Para os pratos principais e para os máis carnívoros, recomendámosvos, por exemplo, un lombo de porco ao allo, un solombo en salsa de queixo ou un entrecosto de tenreira.

E para rematar, a sobremesa é o golpe final para a tristeza. Dende sobremesas tan populares como a tarta de queixo ao forno, o tiramisú con castañas ou o flan de toffee con noces, como ata viños doces poñeránlle o toque final ao teu xantar ou á túa cea. 

Noticias relacionadas

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro 20 oct

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro

  A próxima semana, do 26 ao 30 de outubro, o Teatro Principal de Compostela acolle unha nova edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Dende hai máis de vinte anos, o festival tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da
Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben 15 oct

Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben

15/10/2026 Las Bodeguillas
Esta semana vivimos unha desas experiencias que merecen gozarse sen présa: Tertulias Bodeguillas, cata didáctica e cea con Bodegas Valduero. Para guiarnos contamos con Sergio Sánchez, director comercial de Bodegas Valduero, que puido compartir connosco a historia, o coñecemento e a paixón que hai
Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa 24 sep

Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa

24/09/2026 Las Bodeguillas
O mes de outubro chega a Compostela coas zapatillas e dorsais como protagonistas absolutas da cidade. Se es afeccionado ao running ou simplemente che gusta o ambiente deportivo e ver pasar as carreiras cunha boa comida esperándote despois, apunta estas dúas citas no teu calendario.  O sábado 10 de
Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro 25 ago

Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro

25/08/2026 Las Bodeguillas
Con setembro á volta da esquina, é o momento de ollar as novas propostas culturais que a cidade trae para nós. A chegada do novo mes non traerá consigo rúas ateigadas de universitarios que comezan un novo curso escolar, senón que tamén estarán ben cheíñas de arte, música e creación. Se estás de