Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Compostela acolle do 22 ao 24 de marzo o I Encontro do Viño Galego

Publicado: 15 de marzo de 2022, 12:05
  1. Las Bodeguillas
Compostela acolle do 22 ao 24 de marzo o I Encontro do Viño Galego

Dende o martes día 22 e até o xoves día 24, o Hotel Monumento San Francisco recibirá os viños de máis de cento oitenta adegas nun evento que aglutinará a todo o sector vitivinícola de Galicia. O I Encontro do Viño Galego Revera Vinum, permitirá, ademais, desfrutar de distintas actividades paralelas por toda a cidade. 

O sector vitivinícola de Galicia conta con máis de cento oitenta adegas e máis de cincocentos viños. Esta cita pretende dar a coñecer e difundir os diferentes viños galegos, tanto a locais como a turistas, así como ser un punto de encontro para as diferentes adegas, Denominación de Orixe e Indicación Xeográfica Protexida, que se reunirán todas elas por primeira vez nun evento destas características.

O encontro terá tres eixos principais. Por un lado, os talleres e catas que contarán coa participación de profesionais da sumillería e viticultura como Toni Gerez, Rafael Palacios, Eva Pizarro ou Juanjo Figueroa; no Túnel do viño, a área expositiva, terá máis de vinte e cinco stands de empresas distribuidoras e adegas e os visitantes poderán coñecer máis de trescentas referencias; e un foro, con varias mesas de debate nas que se falará sobre o futuro desta bebida.

O Túnel do Viño será unha oportunidade para coñecer todas as variedades de uva implantadas en Galicia e as súas características. O horario será de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas o martes e mércores. O xoves será so horario de mañá.

Rutas do Viño Revera Vinum Compostela

Dende o venres e ao longo de toda a vindeira semana, poderemos desfrutar das seis Rutas de Viño Revera Vinum Compostela: a de San Lázaro, Cidade Histórica, San Pedro-Porta do Camiño-Praza de Abastos, San Clemente-Franco, Santa Marta e Ensanche.

Nos estaremos na de San Lázaro e a de Santa Marta. Os usuarios poderán facerse cun tarxetón que vos selaremos por consumir un viño con DO ou IXP galega. Por cada ruta rematada, entrarán no sorteo de diferentes agasallos.

Os interesados en asistir ao encontro, poderán adquirir as súas entradas na Bodeguilla de Santa Marta ou na de San Lázaro. 

Noticias relacionadas

Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro 25 ago

Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro

Hace 34 minutos Las Bodeguillas
Con setembro á volta da esquina, é o momento de ollar as novas propostas culturais que a cidade trae para nós. A chegada do novo mes non traerá consigo rúas ateigadas de universitarios que comezan un novo curso escolar, senón que tamén estarán ben cheíñas de arte, música e creación. Se estás de
Compostela vive as súas Festas do Apóstolo 2026 16 jul

Compostela vive as súas Festas do Apóstolo 2026

16/07/2026 Las Bodeguillas
Durante dez días, do 22 ao 31 de xullo, Compostela vivirá unha das citas máis agardadas do seu calendario festivo, as Festas do Apóstolo. Se andas pola cidade estes días (ou estás pensando en vir) paga a pena coñecer o que che espera. A programación arrinca o mércores 22 coa Real Filharmonía de
Dende o corazón da Ribera del Duero a Compostela: Bodegas Cruz de Alba 19 jun

Dende o corazón da Ribera del Duero a Compostela: Bodegas Cruz de Alba

19/06/2026 Las Bodeguillas
Chegou unha nova noite especial á Bodeguilla de Santa Marta: unha cea degustación da man de Bodegas Cruz de Alba, unha das adegas máis singulares do corazón da Ribera del Duero. A súa filosofía orgánica, biodinámica e os seus viños honestos fixeron desta unha experiencia que vai moito máis alá da
  Unha nova cita coa cultura do viño, na nosa sala de catas 12 jun

  Unha nova cita coa cultura do viño, na nosa sala de catas

12/06/2026 Las Bodeguillas
Recibimos unha selección moi especial de viños do grupo Artevino, catro adegas con presenza nas catro denominacións de orixe máis prestixiosas: Rioja, Ribera del Duero, Toro e Rueda. Para guiarnos nesta experiencia contamos coa presenza de Miguel Gavito, director nacional de vendas do grupo, que