Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Compostela tamén é para o verán: descubre Santiago nun día

Publicado: 07 de agosto de 2019, 11:58
  1. Las Bodeguillas
Compostela tamén é para o verán: descubre Santiago nun día

As estreitas rúas de Compostela, que identifican a cidade en calquera recuncho do planeta, parecen estes días aínda máis ateigadas. O bulir do curso académico deixa, en agosto, un paso máis de vagar. E os visitantes enchen a cidade do Apóstolo. Máis de 16.000 consultas nas oficinas de turismo da capital galega neste mesmo mes, o ano pasado, son unha mostra do interese que desperta Santiago. Certo é que non temos praia, pero si múltiples propostas arquitectónicas, culturais, históricas ou gastronómicas que desfrutar sen mirar o reloxo. Mesmo se só tés un día por diante. Aquí van algunhas recomendacións de La Bodeguilla para visitar Santiago de Compostela nun día.
 
Antes de nada, pérdete nas nosas rúas 
Non deixarás Compostela sen pararte ante a nosa Catedral e deixarte marabillar pola historia feita pedra. Será, tamén, o momento axeitado para percorrer cada unha das ducias de rúas, algunhas moi moi pequenas e estreitas, que rodean o templo. A cada pasada, sentirás Compostela. O son da gaita, de fondo, converterase no teu perfecto acompañante mentres saboreas os doces típicos, como a tarta de améndoa ou as pedras de Compostela.

Sentirás como se che abre o apetito
Perderse polas nosas rúas enche a alma e esperta a fame. E por isto, Compostela é tamén ben coñecida. Dende a hostelería local ofrecémosche descubrir Galicia a través da súa rica cociña, con protagonistas tan afamados coma o polbo á feira, a empanada ou os pementos de Padrón. No noso caso, agardámoste en varios puntos da cidade: San Roque, Santa Marta e San Lázaro.  

E quererás, despois do xantar, seguir a descubrir
E poderás facelo. Porque Compostela e a súa ampla oferta cultural sempre teñen novas propostas. Deixa tempo para coñecer a nosa etnografía no Museo do Pobo Galego, para sentar ao fresco en San Domingos de Bonaval ou no parque da Alameda, para dar un brinco cara o contemporáneo CGAC ou a Cidade da Cultura e para aprender e descubrir, por exemplo, no Museo da Historia.

 
Estas son só algunhas recomendacións que, por suposto, se complementan con moitas outras como sair de noite ou percorrer o centro de compras da cidade. Unha cidade que, estamos seguros, non te vai deixar indiferente.  

Noticias relacionadas

Respecto pola terra, tradición vitivinícola e procura da máxima expresión de cada viño 6 nov

Respecto pola terra, tradición vitivinícola e procura da máxima expresión de cada viño

06/11/2026 Las Bodeguillas
Esta semana tivemos o pracer de compartir con vós unha cata moi especial da man de Pariente Tradición Familiar, un proxecto que une tres adegas cunha mesma filosofía: o respecto pola terra, a tradición vitivinícola e a procura da máxima expresión de cada viño. Para descubrir estes viños e coñecer
Tres plans culturais que non te podes perder en Compostela 5 nov

Tres plans culturais que non te podes perder en Compostela

05/11/2026 Las Bodeguillas
Se vas a estar por Santiago de Compostela nestas vindeiras semanas, non te podes perder algúns dos eventos culturais máis soados do outono na cidade: Cineuropa, o Outono Códax Festival o Mercado da Arte. Cineuropa chega á súa 40ª edición, que se celebrará do 6 ao 22 de novembro, co mesmo obxectivo
Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir. 29 oct

Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir.

29/10/2026 Las Bodeguillas
Desde a nosa sala de catas da Bodeguilla de San Lázaro, presentamos unha nova experiencia arredor do viño. Nesta ocasión, gozamos dunha cata degustación de novas anadas e dunha cata vertical de viños de Bodegas Quinta Sardonia, adega fundada en 1998 en Sardón de Duero. Contamos coa presenza de
Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro 20 oct

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro

20/10/2026 Las Bodeguillas
  A próxima semana, do 26 ao 30 de outubro, o Teatro Principal de Compostela acolle unha nova edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Dende hai máis de vinte anos, o festival tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da