Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Compostela vive as súas Festas do Apóstolo 2026

Publicado: 16 de julio de 2026, 09:22 (Hace 2 horas)
  1. Las Bodeguillas
Compostela vive as súas Festas do Apóstolo 2026

Durante dez días, do 22 ao 31 de xullo, Compostela vivirá unha das citas máis agardadas do seu calendario festivo, as Festas do Apóstolo. Se andas pola cidade estes días (ou estás pensando en vir) paga a pena coñecer o que che espera.

A programación arrinca o mércores 22 coa Real Filharmonía de Galicia na Praza da Quintana e, dende o balcón do Pazo de Raxoi, o pregón que dá inicio oficial ás festas. A partir de aí, a Quintana convértese, como sempre, no gran escenario musical da cidade: por alí pasarán ao longo destes días nomes tan distintos como Julian Marley, Belém Tajes e Lila Downs, A Tarara, Bewis de la Rosa e Eris Mackenzie ou Shego, nunha programación que mestura reggae, folk, música galega e propostas máis pop. O peche corresponderá, o día 31, a The Rapants.

A gran novidade desta edición é o espectáculo de videomapping que se proxectará sobre a fachada do Pazo de Raxoi, na Praza do Obradoiro. Patrimonio, tecnoloxía e creatividade nunha soa imaxe, visible as noites do 24, 25 e 26 de xullo, entre a medianoite e as dúas da madrugada. 

Pero se hai un momento que todo compostelán ten marcado no calendario, ese é o dos Fogos do Apóstolo. Este ano volverán acender o ceo as noites do 24 e do 31 de xullo, dende a Alameda, a Cidade da Cultura e o Parque Carlomagno, pechando así tanto a véspera do día grande coma o derradeiro día de festas.

E falando do día grande: o sábado 25 é o Día do Apóstolo propiamente dito, con comparsa de cabezudos percorrendo as rúas pola mañá e, xa pola noite, as Xornadas de Folclore Galego na Quintana, con agrupacións como Cantigas e Agarimos ou Brincadeira sobre o escenario.

O domingo 26 quizais sexa o día máis intenso de toda a programación, xa que reúne dúas citas de peso. Por unha banda, o TradFest, unha xornada enteira dedicada á música de raíz tradicional, con pasarrúas, concertos e artesanía repartidos entre a Quintana, a Praza de Mazarelos e a Igrexa da Universidade, con actuacións que van dende a Banda Municipal de Música ata artistas como Ana Alcaide ou X.M. Budiño, que pecha a xornada. E por outra, o Día do Traxe Galego, con desfiles de traxe tradicional pola mañá e pola tarde, misa, recepción no Concello e o tradicional concurso de traxes, que remata coa entrega de diplomas na Quintana.

Os días seguintes, entre o 27 e o 30 de xullo, a programación mantén un ritmo constante sen perder intensidade: as alboradas siguen soando cada mañá por distintos barrios da cidade, mentres que polas tardes e noites hai sitio para case todo. O ciclo Compostela Cinema leva o cine ao aire libre a varias prazas da cidade, cunha selección que inclúe títulos coma Rondallas, Sirât ou Romería. Os concertos de Peregrinos Musicais achegan música clásica de cámara con intérpretes internacionais no Teatro Principal e en San Martiño Pinario. E cada noite, ademais dos concertos da Quintana, a Alameda énchese co verbeneo de orquestas como Finisterre, Compostela ou Costa Dorada.

Tampouco faltan propostas para os máis pequenos e para quen busca algo máis tranquilo, coma o xadrez ao aire libre na Alameda os días 28, 29 e 30, ou as atraccións, instaladas na Alameda dende o 19 de xullo ata o 2 de agosto, con tres xornadas sen ruído pensadas para as persoas máis sensibles ao son.

Dez días nos que facer barrio, desfrutar da cidade e poñerlle o broche de ouro ás festas visitándonos e comendo rico na Bodeguilla de Santa Marta e San Lázaro. 

Noticias relacionadas

Dende o corazón da Ribera del Duero a Compostela: Bodegas Cruz de Alba 19 jun

Dende o corazón da Ribera del Duero a Compostela: Bodegas Cruz de Alba

19/06/2026 Las Bodeguillas
Chegou unha nova noite especial á Bodeguilla de Santa Marta: unha cea degustación da man de Bodegas Cruz de Alba, unha das adegas máis singulares do corazón da Ribera del Duero. A súa filosofía orgánica, biodinámica e os seus viños honestos fixeron desta unha experiencia que vai moito máis alá da
  Unha nova cita coa cultura do viño, na nosa sala de catas 12 jun

  Unha nova cita coa cultura do viño, na nosa sala de catas

12/06/2026 Las Bodeguillas
Recibimos unha selección moi especial de viños do grupo Artevino, catro adegas con presenza nas catro denominacións de orixe máis prestixiosas: Rioja, Ribera del Duero, Toro e Rueda. Para guiarnos nesta experiencia contamos coa presenza de Miguel Gavito, director nacional de vendas do grupo, que
Música, deporte, teatro e festa para espremer Compostela en xuño 4 jun

Música, deporte, teatro e festa para espremer Compostela en xuño

04/06/2026 Las Bodeguillas
O verán está comezando a deixarse ver e as rúas de Santiago cunha axenda cultural extensa. Xuño ofrece moito máis que a Noite de San Xoan e a cidade promete converterse no epicentro absoluto da cultura, a música e a festa en Galicia. Así que alá imos a facer un pequeno repaso dos plans cos que a
As festas da Ascensión 2026 xa están aquí 6 may

As festas da Ascensión 2026 xa están aquí

06/05/2026 Las Bodeguillas
Santiago de Compostela xa cheira a festa. Coa chegada do mes de maio, a cidade vístese de gala para celebrar unha das súas citas máis queridas, as da Festas da Ascensión. Este 2026, a programación vén cargada de música, cultura e, se aínda quedades con ganas de máis, nas Bodeguillas agardámosvos