Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

De museos a ríos: estas son as nosas propostas para poñerlle fin á calor en Compostela

Publicado: 19 de agosto de 2025, 12:26
  1. Las Bodeguillas
De museos a ríos: estas son as nosas propostas para poñerlle fin á calor en Compostela

Santiago de Compostela é unha cidade recoñecida polo seu carácter monumental e espiritual, pero tamén é un lugar cheo de propostas que permiten gozar do verán dun xeito distinto. A calor non sempre é doada de levar pero nesta cidade existen alternativas refrescantes, menos convencionais e con moito encanto. Hoxe propoñémosche unha selección de plans para aproveitar a cidade -e recunchos limítrofes- nos días máis cálidos do ano.

Á sombra dos carballos e das sendas naturais

Se a pedra quente do casco histórico apreta, nada mellor que buscar a sombra en zonas verdes. A Carballeira de Santa Susana, na parte máis alta da Alameda, é un dos espazos máis emblemáticos para gozar dun paseo ou para estomballarse á fresca. Pola súa banda, o Parque de Belvís ofrece unha panorámica distinta da cidade, con ampla zona verde onde descansar.

Para quen queira ir un pouco máis alá, atópanse percorridos como os que beben dos ríos de Compostela, o Sar e o Sarela que, seguindo as súas sendas, podemos descubrir a cara máis tranquila e silenciosa da cidade. 

O oasis dos museos
A cidade conta con numerosas propostas culturais. Entre elas pódese citar  o Museo do Pobo Galego, no antigo convento de San Domingos de Bonaval, que é unha visita obrigada para quen queira comprender mellor a identidade e tradicións galegas. Ademais, a súa escaleira helicoidal non deixará a ninguén indiferente. O CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), situado moi preto do anterior, ofrece exposicións actuais e sorprendentes, nun edificio de deseño moderno asinado polo arquitecto Álvaro Siza. Ou a Fundación Eugenio Granell, na Praza do Toural, que abre as portas ao surrealisto e arte vangardista.

Zonas fluviais a poucos quilómetros da cidade

Se, pola contra, prefires propostas nas que te poidas somerxer, nos arredores de Compostela e a menos de media hora en coche, hai espazos fluviais dos que desfrutar. Así, por exemplo, atópase a área recreativa de Chaián (Trazo), situada nas beiras do río Tambre, conta con zona de baño, mesas, barbacoas e moito espazo verde para pasar o día en familia ou con amigos. Tamén nas orelas do mesmo río, atópase a praia fluvial de Tapia (en Ames). Esta zona recreativa, cunha extensión de arredor de 15.000 metros cadrados, atópase a arredor de 15 quilómetros de Compostela. Xa no río Ulla, A Praíña (entre os municipios de Teo e A Estrada) é unha proposta de ocio ideal para quen queira desfrutar dun agradable baño, pequenas rutas ou mesmo paseos en caiac.

E, por suposto, non podemos esquecer que o verán tamén se goza a través do padal. Este verán, nas Bodeguillas de Santa Marta e San Lázaro poderás desfrutar de propostas frescas, saborosas e de gran calidade.

Noticias relacionadas

As festas da Ascensión 2026 xa están aquí 6 may

As festas da Ascensión 2026 xa están aquí

06/05/2026 Las Bodeguillas
Santiago de Compostela xa cheira a festa. Coa chegada do mes de maio, a cidade vístese de gala para celebrar unha das súas citas máis queridas, as da Festas da Ascensión. Este 2026, a programación vén cargada de música, cultura e, se aínda quedades con ganas de máis, nas Bodeguillas agardámosvos
Seis rutas en Compostela para desfrutar da primavera 27 abr

Seis rutas en Compostela para desfrutar da primavera

27/04/2026 Las Bodeguillas
Santiago de Compostela é unha cidade para percorrer e descubrir moito máis alá da súa catedral. A capital galega deléitanos cunha rede de itinerarios pensados para camiñar sen présa e entender a cidade desde diferentes perspectivas.  Ruta intramuros Entre todas elas, a chamada ruta intramuros
Bodegas Mauro, historia dunha aposta pola excelencia 15 abr

Bodegas Mauro, historia dunha aposta pola excelencia

15/04/2026 Las Bodeguillas
Acollemos en Bodeguilla de San Lázaro a cata didáctica con cea Andrea Vuelta & Bodegas Mauro: un pequeno percorrido polos viños elaborados por Mariano García, diferentes variedades e diferentes DDOO Bodegas Mauro apostou pola excelencia dende o principio e hoxe temos a oportunidade de catar
Bodegas Mustiguillo, tradición e innovación 9 abr

Bodegas Mustiguillo, tradición e innovación

09/04/2026 Las Bodeguillas
Este abril recibimos a Antonio Sarrión, Toni Sarrión, alma de Bodegas Mustiguillo e creador de Finca El Terrerazo. Unha oportunidade única para coñecer de primeira man unha das figuras clave do viño contemporáneo. Todo comeza en 1972, cando a familia Sarrión-Martínez adquire Finca El Terrerazo. O