Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

De museos a ríos: estas son as nosas propostas para poñerlle fin á calor en Compostela

Publicado: 19 de agosto de 2025, 12:26
  1. Las Bodeguillas
De museos a ríos: estas son as nosas propostas para poñerlle fin á calor en Compostela

Santiago de Compostela é unha cidade recoñecida polo seu carácter monumental e espiritual, pero tamén é un lugar cheo de propostas que permiten gozar do verán dun xeito distinto. A calor non sempre é doada de levar pero nesta cidade existen alternativas refrescantes, menos convencionais e con moito encanto. Hoxe propoñémosche unha selección de plans para aproveitar a cidade -e recunchos limítrofes- nos días máis cálidos do ano.

Á sombra dos carballos e das sendas naturais

Se a pedra quente do casco histórico apreta, nada mellor que buscar a sombra en zonas verdes. A Carballeira de Santa Susana, na parte máis alta da Alameda, é un dos espazos máis emblemáticos para gozar dun paseo ou para estomballarse á fresca. Pola súa banda, o Parque de Belvís ofrece unha panorámica distinta da cidade, con ampla zona verde onde descansar.

Para quen queira ir un pouco máis alá, atópanse percorridos como os que beben dos ríos de Compostela, o Sar e o Sarela que, seguindo as súas sendas, podemos descubrir a cara máis tranquila e silenciosa da cidade. 

O oasis dos museos
A cidade conta con numerosas propostas culturais. Entre elas pódese citar  o Museo do Pobo Galego, no antigo convento de San Domingos de Bonaval, que é unha visita obrigada para quen queira comprender mellor a identidade e tradicións galegas. Ademais, a súa escaleira helicoidal non deixará a ninguén indiferente. O CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), situado moi preto do anterior, ofrece exposicións actuais e sorprendentes, nun edificio de deseño moderno asinado polo arquitecto Álvaro Siza. Ou a Fundación Eugenio Granell, na Praza do Toural, que abre as portas ao surrealisto e arte vangardista.

Zonas fluviais a poucos quilómetros da cidade

Se, pola contra, prefires propostas nas que te poidas somerxer, nos arredores de Compostela e a menos de media hora en coche, hai espazos fluviais dos que desfrutar. Así, por exemplo, atópase a área recreativa de Chaián (Trazo), situada nas beiras do río Tambre, conta con zona de baño, mesas, barbacoas e moito espazo verde para pasar o día en familia ou con amigos. Tamén nas orelas do mesmo río, atópase a praia fluvial de Tapia (en Ames). Esta zona recreativa, cunha extensión de arredor de 15.000 metros cadrados, atópase a arredor de 15 quilómetros de Compostela. Xa no río Ulla, A Praíña (entre os municipios de Teo e A Estrada) é unha proposta de ocio ideal para quen queira desfrutar dun agradable baño, pequenas rutas ou mesmo paseos en caiac.

E, por suposto, non podemos esquecer que o verán tamén se goza a través do padal. Este verán, nas Bodeguillas de Santa Marta e San Lázaro poderás desfrutar de propostas frescas, saborosas e de gran calidade.

Noticias relacionadas

Viños Marqués de Griñón, innovación e tradición á procura da excelencia 20 nov

Viños Marqués de Griñón, innovación e tradición á procura da excelencia

20/11/2025 Las Bodeguillas
Chega á Bodeguilla de Santa Marta unha experiencia enolóxica excepcional: “Viños de Autor” dunha das adegas máis prestixiosas e innovadoras de España, Marqués de Griñón. "A innovación e o respecto pola tradición son as dúas caras dunha mesma moeda na procura da excelencia", explica Julio Mourelle,
Celler Kripta: paixón, territorio e excelencia 30 oct

Celler Kripta: paixón, territorio e excelencia

30/10/2025 Las Bodeguillas
Co remate de outubro, acollemos en Bodeguilla de Santa Marta unha actividade do máis especial: unha cata degustación de cavas de Celler Kripta. Contamos coa presenza de Jaume Casals, director comercial da adega, que nos guiou nunha viaxe polos sabores e a historia destas elaboracións tan
Rúas de Compostela a toda velocidade: chega a 46ª Carreira Pedestre Popular 20 oct

Rúas de Compostela a toda velocidade: chega a 46ª Carreira Pedestre Popular

20/10/2025 Las Bodeguillas
Un dos eventos deportivos máis queridos e lonxevos de Compostela volve esta fin de semana ás rúas. A Carreira Pedestre Popular de Santiago alcanza a súa cuadraxésimo cuarta edición o domingo día 26 de outubro, a partires das 10.00 horas da mañá, cunha proba para rapaces de 7 quilómetros e, para
A nosa carta e bodega: un brindis ao sabor en Santiago de Compostela 20 oct

A nosa carta e bodega: un brindis ao sabor en Santiago de Compostela

20/10/2025 Las Bodeguillas
No corazón de Compostela, atópanse Bodeguilla de Santa Marta e Bodeguilla de San Lázaro, lugares nos que buscamos que o tempo pareza deter­se para gozar da boa cociña, do viño e da conversa. O noso restaurante naceu coa idea de ofrecer unha experiencia completa: unha cociña galega auténtica,