Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Día de Galicia: así serán as festas do Apóstolo en Compostela

Publicado: 17 de julio de 2025, 14:06
  1. Las Bodeguillas
Día de Galicia: así serán as festas do Apóstolo en Compostela

As rúas de Compostela xa arrecenden a festa. Do 18 ao 31 de xullo, a capital galega énchese de vida coas Festas do Apóstolo, unha cita obrigada para a veciñanza e visitantes que cada ano se achegan a desfrutar do Día de Galicia. Este ano, como en anteriores edicións, o programa vén cargado de actividades para todos os gustos, dende concertos e danza ata cinema ao aire libre.

A festa comezará o venres 18 de xullo cun espectáculo internacional de danza contemporánea na Praza de San Martiño Pinario, con artistas de Galicia, Andalucía, Estremadura e Taiwán. Esa mesma noite, haberá concertos na Quintana e na Alameda, de Biznaga e Grupo Alcázar, e tamén se celebrará o pregón oficial desde o balcón do Pazo de Raxoi, a cargo da xogadora de baloncesto Blanca Millán.

O fin de semana continuará con moita actividade. O sábado 19 destaca pola presenza de música infantil, mostras de danza urbana, xornadas de folclore galego e a XII Foliada no Castiñeiriño. O domingo 20, celebrarase o Día do Traxe, data na que se presumirá de vestimenta tradicional nun desfile que percorrerá a cidade desde as sete portas históricas ata a praza do Obradoiro. 

Os días seguintes seguen ofrecendo espectáculos de primeiro nivel. Deste xeito, o 21 de xullo, a cantante SÉS actuará na Quintana. O martes 22 de xullo, terá lugar a Festa Pícara no parque Eugenio Granell, con actividades para crianzas, obradoiros, música, cabezudos e unha homenaxe ao Xabarín Club. O mércores, no estadio Verónica Boquete, moi preto da nosa Bodeguilla de San Lázaro, disputarase un partido solidario entre a SD Compostela e o Deportivo da Coruña. Na mesma noite, a Real Filharmonía de Galicia ofrecerá un concerto na Quintana.

O xoves 24 de xullo, comezará cun desfile de xigantes e cabezudos pola cidade, concertos e rematará cun espectáculo pirotécnico en varios puntos da cidade: na Alameda, na Cidade da Cultura e en Carlomagno.

O 25 de xullo, para celebrar o día grande de Galicia,  a cidade vestirase de gala e a festa dará comezo desde ben cedo, cunha comparsa de cabezudos que percorrerán o casco histórico, música polas rúas e grandes concertos pola noite. Na Quintana actuará Maika Makovski e na Alameda, a orquestra Galilea.

Xa o sábado 26 de xullo comezará con alboradas desde Santa Marta e rematará con concertos como o de Lura. O domingo 27, celebrarase o TradFest, cunha feira de artesanía, música polas prazas e actuacións de grupos como Baiuca, Faltriqueira ou Cocanha.

Os últimos días, do 28 ao 31, haberá concertos do ciclo Peregrinos Musicais, cine ao aire libre e actuacións como as de Samesugas, MJ Pérez, Sheila Patricia ou a proposta “De paseo con Nino Bravo e Serafín Zubiri” coa Banda Municipal. E para pechar as festas, o xoves 31, poderemos deleitarnos cunha nova sesión de pirotecnia, desta volta dende o punto único da Alameda, e música con Orquestra Bravú Xangai.

E entre tantas propostas, chega o momento de parar, repoñer forzas e seguir gozando. Por iso, nas Bodeguillas temos as portas abertas con pratos cheos de sabor, ingredientes de primera calidade e viños para brindar. Se estás polo barrio de Santa Marta, despois dun paseo pola Alameda, xa sabes onde facernos visita. E se os teus pasos te levan ao estadio, ao Auditorio ou aos concertos do Parque de Galeras, San Lázaro é a túa parada obrigada.

Noticias relacionadas

As festas da Ascensión 2026 xa están aquí 6 may

As festas da Ascensión 2026 xa están aquí

06/05/2026 Las Bodeguillas
Santiago de Compostela xa cheira a festa. Coa chegada do mes de maio, a cidade vístese de gala para celebrar unha das súas citas máis queridas, as da Festas da Ascensión. Este 2026, a programación vén cargada de música, cultura e, se aínda quedades con ganas de máis, nas Bodeguillas agardámosvos
Seis rutas en Compostela para desfrutar da primavera 27 abr

Seis rutas en Compostela para desfrutar da primavera

27/04/2026 Las Bodeguillas
Santiago de Compostela é unha cidade para percorrer e descubrir moito máis alá da súa catedral. A capital galega deléitanos cunha rede de itinerarios pensados para camiñar sen présa e entender a cidade desde diferentes perspectivas.  Ruta intramuros Entre todas elas, a chamada ruta intramuros
Bodegas Mauro, historia dunha aposta pola excelencia 15 abr

Bodegas Mauro, historia dunha aposta pola excelencia

15/04/2026 Las Bodeguillas
Acollemos en Bodeguilla de San Lázaro a cata didáctica con cea Andrea Vuelta & Bodegas Mauro: un pequeno percorrido polos viños elaborados por Mariano García, diferentes variedades e diferentes DDOO Bodegas Mauro apostou pola excelencia dende o principio e hoxe temos a oportunidade de catar
Bodegas Mustiguillo, tradición e innovación 9 abr

Bodegas Mustiguillo, tradición e innovación

09/04/2026 Las Bodeguillas
Este abril recibimos a Antonio Sarrión, Toni Sarrión, alma de Bodegas Mustiguillo e creador de Finca El Terrerazo. Unha oportunidade única para coñecer de primeira man unha das figuras clave do viño contemporáneo. Todo comeza en 1972, cando a familia Sarrión-Martínez adquire Finca El Terrerazo. O