Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Empanadilla de outono, montadiño de solombo e filloa rechea de rabo de tenreira para este Santiago(é)Tapas

Publicado: 18 de noviembre de 2019, 10:19
  1. Las Bodeguillas
Empanadilla de outono, montadiño de solombo e filloa rechea de rabo de tenreira para este Santiago(é)Tapas

Santiago(é)Tapas chega á súa edición número doce coa intención de superar as rondas de tapas dos últimos anos. O nivel está tan alto coma a ilusión que supón, para a hostelería da cidade, volver presentar o seu saber facer en pequenos bocados. Dende La Bodeguilla imos tentarte cunha empanadilla, un montadiño e unha filloa rechea.

Presentámosche as nosas suxestións! Dende Bodeguilla San Lázaro optamos por unha tapa de corte tradicional: empanadilla galega de lacón con grelos e queixo San Simón en prebe de froitos vermellos e castañas. Moi de outono e moi da terra. Agardámoste na (é)TAPA 8 CAMIÑO DE INVERNO.

De carácter creativo, a tapa de San Roque presenta un solombo de porco con puré de castaña, queixo de Arzúa Ulloa e sésamo torrado sobre cama de patacas. Neste caso, agardámoste na (é)TAPA 6 CAMIÑO INGLÉS.

E finalmente, tamén na categoría creativa, das cociñas de Santa Marta saen estes días filloas recheas de rabo de tenreira con bechamel de castañas ao aroma de anises, unha proposta que atoparás na (é)TAPA 1 CAMIÑO PORTUGUÉS.

En definitiva, xunto con grandes amigos e compañeiros, ata o próximo un de decembro a capital galega convértese con este Santiago(é)Tapas –organizado pola Asociación Hostalaría Compostela- nun percorrido pola gastronomía máis propia. Teremos que esperar, iso si, á gran final dos días 6, 7 e 8 de decembro para coñecer o resultado pero xa vos adiantamos que, para nós, participar é gañar! Agardámoste!

Noticias relacionadas

Bodegas Mauro, historia dunha aposta pola excelencia 15 abr

Bodegas Mauro, historia dunha aposta pola excelencia

Hace 18 horas Las Bodeguillas
Acollemos en Bodeguilla de San Lázaro a cata didáctica con cea Andrea Vuelta & Bodegas Mauro: un pequeno percorrido polos viños elaborados por Mariano García, diferentes variedades e diferentes DDOO Bodegas Mauro apostou pola excelencia dende o principio e hoxe temos a oportunidade de catar
Bodegas Mustiguillo, tradición e innovación 9 abr

Bodegas Mustiguillo, tradición e innovación

09/04/2026 Las Bodeguillas
Este abril recibimos a Antonio Sarrión, Toni Sarrión, alma de Bodegas Mustiguillo e creador de Finca El Terrerazo. Unha oportunidade única para coñecer de primeira man unha das figuras clave do viño contemporáneo. Todo comeza en 1972, cando a familia Sarrión-Martínez adquire Finca El Terrerazo. O
Comer sen glute nunca debería ser un límite: descubre como gozar da boa gastronomía en Santiago de Compostela 17 mar

Comer sen glute nunca debería ser un límite: descubre como gozar da boa gastronomía en Santiago de Compostela

17/03/2026 Las Bodeguillas
Comer sen glute nunca debería ser un límite. Con este convencemento, dende hai anos tanto en La Bodeguilla de Santa Marta como en La Bodeguilla de San Lázaro propuxémonos que isto sexa ben sinxelo: aquí cada cliente pode gozar dunha experiencia gastronómica completa, sen renunciar ao sabor nin á
O Entroido chega a Compostela do 11 ao 18 de febreiro 9 feb

O Entroido chega a Compostela do 11 ao 18 de febreiro

09/02/2026 Las Bodeguillas
O Entroido está á volta da esquina e Compostela xa se está engalanando para desfrutar da ocasión. Cunha programación que atopa o seu prato forte do 11 ao 18 de febreiro pero que se estenderá ata o sábado 21 de febreiro, a capital promete encherse de música, disfraces, comparsas e moita