Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Música, deporte, teatro e festa para espremer Compostela en xuño

Publicado: 04 de junio de 2026, 13:13 (Hace 7 horas)
  1. Las Bodeguillas
Música, deporte, teatro e festa para espremer Compostela en xuño

O verán está comezando a deixarse ver e as rúas de Santiago cunha axenda cultural extensa. Xuño ofrece moito máis que a Noite de San Xoan e a cidade promete converterse no epicentro absoluto da cultura, a música e a festa en Galicia. Así que alá imos a facer un pequeno repaso dos plans cos que a cidade nos promete sorprender neste arranque de verán.

Compostela soará a todos os estilos musicais durante este mes. É así que se desfrutará de concertos tan variados como o da banda Municipal de Música de Santiago ou o de Andrés Suárez, o 4 de xuño; a Wake Up SDC, de música electrónica, do 5 ao 6 de xuño; a novena edición das NoitiNHas no Hotel NH Collection; ou a primeira edición de El Campus, o vindeiro 12 de xuño, que se presenta como o “maior evento universitario” que reunirá música en directo, DJs, food trucks, xogos e moito máis.

Aínda que o prato forte chega co festival O Son do Camiño. Durante os días 18, 19 e 20 de xuño, o anfiteatro natural do Monte do Gozo acollerá a milleiros de persoas nunha das citas musicais máis ambiciosas do país, que este ano combina estrelas internacionais do pop e o rock como Katy Perry e Linkin Park con directos nacionais de artistas como Dani Martín ou Lola Índigo. 

Con motivo da celebración do Día Internacional do Orgullo o día 28 de xuño, a cidade vístese de gala dende mediados de mes para celebrar a diversidade con Compostela Diversa. Ao longo do mes realizaranse diferentes actividades e accións ca fin de converter Santiago de Compostela nun referente como cidade de acollida, dende concertos e localizacións emblemáticas iluminadas coas cores da bandeira ata establecementos que celebran a data con carteis, postais e mensaxes.

Porén, para aqueles que procuran unha experiencia festiva máis “de barrio”, as festas do barrio de Fontiñas e as de San Pedro, están á volta da esquina. As primeiras, do 12 ao 14 de xuño, contarán con Luis Zahera e Festicultores, así como pasarrúas cos muiñeiros do Sarela, Trío Alborada, a Banda Municipal de Compostela, Superfabrik ou a orquestra Compostela, entre outros. Do 25 ao 28 de xuño, será a quenda de San Pedro, cun amplo programa de actividades para todos os públicos e gustos.

As artes escénicas tamén teñen un oco destacado na axenda deste mes, con numerosas propostas das que desfrutar. Entre elas, atópanse “Chámalle Xe”, no Teatro Principal, do alumnado de Bacharelato de Artes Escénicas e Musicais do IES Antonio Fraguas; “A furia da Amanita”, no Salón Teatro e do Centro Dramático Galego en coproducción con Rendrum Dramaturgia; o show da humorista Susi Caramelo, no Teatro Compostela; ou a irreverente investigación escénica sobre a figura de Fraga, “Iribarne”, no Auditorio de Galicia.

Tamén hai oco para o deporte con actividades deportivas como o XII Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Esta edición arranca no barrio de Conxo o sábado 6 de xuño e extenderase ata o outono. Xunto a esta proba, atopamos outra máis festiva, a Holi Gaiás. Inspirada nos Holi da India, está idadeada para desfrutar da actividade física cunha explosión de cores.

Iso si, despois de percorrer a cidade, bailar nos festivais ou deixarse levar polas tradicións dos seus barrios, as portas da Bodeguilla de San Lázaro e Santa Marta están abertas para acollervos e ser o punto de encontro onde repousar e saborear o día.

Noticias relacionadas

As festas da Ascensión 2026 xa están aquí 6 may

As festas da Ascensión 2026 xa están aquí

06/05/2026 Las Bodeguillas
Santiago de Compostela xa cheira a festa. Coa chegada do mes de maio, a cidade vístese de gala para celebrar unha das súas citas máis queridas, as da Festas da Ascensión. Este 2026, a programación vén cargada de música, cultura e, se aínda quedades con ganas de máis, nas Bodeguillas agardámosvos
Seis rutas en Compostela para desfrutar da primavera 27 abr

Seis rutas en Compostela para desfrutar da primavera

27/04/2026 Las Bodeguillas
Santiago de Compostela é unha cidade para percorrer e descubrir moito máis alá da súa catedral. A capital galega deléitanos cunha rede de itinerarios pensados para camiñar sen présa e entender a cidade desde diferentes perspectivas.  Ruta intramuros Entre todas elas, a chamada ruta intramuros
Bodegas Mauro, historia dunha aposta pola excelencia 15 abr

Bodegas Mauro, historia dunha aposta pola excelencia

15/04/2026 Las Bodeguillas
Acollemos en Bodeguilla de San Lázaro a cata didáctica con cea Andrea Vuelta & Bodegas Mauro: un pequeno percorrido polos viños elaborados por Mariano García, diferentes variedades e diferentes DDOO Bodegas Mauro apostou pola excelencia dende o principio e hoxe temos a oportunidade de catar
Bodegas Mustiguillo, tradición e innovación 9 abr

Bodegas Mustiguillo, tradición e innovación

09/04/2026 Las Bodeguillas
Este abril recibimos a Antonio Sarrión, Toni Sarrión, alma de Bodegas Mustiguillo e creador de Finca El Terrerazo. Unha oportunidade única para coñecer de primeira man unha das figuras clave do viño contemporáneo. Todo comeza en 1972, cando a familia Sarrión-Martínez adquire Finca El Terrerazo. O