Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Blog - Página 7

Noticias y novedades de Las Bodeguillas de San Lázaro y Santa Marta.

Volve a San Lázaro "Wine Up Tour" 9 jun

Volve a San Lázaro "Wine Up Tour"

09/06/2023 Bodeguilla de San Lázaro

Logo de 4 anos, volveu á nosa sala de catas de Bodeguilla de San Lázaro  "Wine Up Tour". Sen saír de Compostela, realizamos unha viaxe por toda España da man de Joaquin Parra, autor da guía de viños Wine Up.  Desfrutamos dunha magnífica cata con cea nesta Tertulia Bodeguilla: croca, xarda, arroz de rape, miniburguer de ibérico, xarrete de tenreira ou torta americana foron parte do menú da noite. En copa, saboreamos Lusco Albariño 2022 (Pazo de Lusco), Mara Moura Godello 2021 e Martín Códax Lía...

Leer más

Conservas e albariño, unha parella perfecta 26 may

Conservas e albariño, unha parella perfecta

26/05/2023 Bodeguilla de San Lázaro

Nunha saborosa cata con tapa cociñamos, en San Lázaro, con A Conserveira! Os mellores produtos das nosas rías xuntáronse cos viños dunha das adegas con máis tradición na elaboración de albariño nas Rías Baixas: Pazo de Señoráns. Para o evento, estiveron con nós nesta Actividade Bodeguilla “Catas e Tapas” Diego González, director comercial de A Conserveira, e Manuel Grobas, director comercial de Pazo de Señoráns. Graciñas por acompañarnos nesta xornada tan especial! A Conserveira naceu no 1994 e...

Leer más

A historia, cultura e arte a través dos museos de Compostela 16 may

A historia, cultura e arte a través dos museos de Compostela

16/05/2023 Las Bodeguillas

Santiago é historia, cultura e arte. É así que cando chega o Día Internacional dos Museos, o único que podemos facer é presumir do noso e de toda a oferta museística coa que conta a capital galega. Hoxe facemos un repaso de tres deles, aínda que hai moitos máis por descubrir. Museo Centro Gaiás O Museo Centro Gaiás, na cidade da cultura, é de entrada gratuita e as exposicións poden visitarse libremente de martes a domingo, de 10.00 a 20.00 horas. O centro conta cunha superficie expositiva de ...

Leer más

Lagar de Pintos protagoniza unha cata vertical en San Lázaro 5 may

Lagar de Pintos protagoniza unha cata vertical en San Lázaro

05/05/2023 Bodeguilla de San Lázaro

Acollemos en Bodeguilla de San Lázaro unha cata vertical con Lagar de Pintos. Estivo con nós Marta Castro, enóloga e propietaria de Lagar de Pintos Bodegas y Viñedos, que pertence á cuarta xeración desta familia de adegueiros de Ribadumia.  Sabías que esta adega da D.O Rías Baixas foi fundada no 1887? 136 anos de historia que hoxe se mostran nunha adega moderna, eficiente e con viños de personalidade propia. Outra das características de Lagar de Pintos é, sen dúbida, o respecto pola súa contorn...

Leer más

5 curiosidades sobre Compostela que descoñecías 17 abr

5 curiosidades sobre Compostela que descoñecías

17/04/2023 Las Bodeguillas

Compostela cada vez ten máis protagonismo entre os turistas nacionais e internacionais. É innegable que a Catedral e Camiño de Santiago son dous dos reclamos máis importantes. De feito, nos catro meses que levamos de 2023, a cidade xa recibiu a máis de 39.000 peregrinos, dos cales máis de 16.000 foron tan só durante o mes de abril. Na capital galega hai moito que explorar e hoxe contámosche algunhas curiosidades que seguro que non coñecías e que farán que queiras (re)visitala. Dous Xacobeos de ...

Leer más

O respecto pola paisaxe e a natureza, filosofía de Adega Entre Os Ríos 24 mar

O respecto pola paisaxe e a natureza, filosofía de Adega Entre Os Ríos

24/03/2023 Bodeguilla de Santa Marta

Co gallo da celebración, en Compostela, da segunda edición do Revera Vinum, acollemos o roteiro “Galicia en Copas”. En concreto, en Bodeguilla Santa Marta presentamos unha adega da IXP Terras de Barbanza e Iria, Adega Entre Os Ríos, na Pobra do Caramiñal, en plena Ría de Arousa.  A filosofía desta adega é o máximo respecto pola paisaxe e a natureza, evitando o uso de tratamentos innecesarios e coas características obtidas do terreo e o clima do Barbanza. Estivo con nós José Crusat González, ela...

Leer más