Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

O comercio local compostelán é arte

Publicado: 21 de abril de 2022, 13:52
  1. Las Bodeguillas
O comercio local compostelán é arte

Pasearte é unha ollada á arte contemporánea a través do comercio local de Santiago de Compostela e, en concreto, do Ensanche. A Mostra de Arte Contemporánea nos escaparates de Santiago Centro arrancou súa cuarta edición a comezos de mes e, dende ese momento, vén marabillando aos transeúntes que se deteñen ante ante os establecementos composteláns.

O Centro Comercial Aberto do Ensanche recuperou nesta primavera unha das súas iniciativas máis atractivas integrando as creacións de artistas das galerías locais Trinta, Metro, Luisa Pita e Nordés. Además da exposición de arte en máis de corenta escaparates, tamén se está a disfrutar de intervencións en vivo nas cristaleiras e de obradoiros de arte para desfrutar do proceso de creación artística.


Os sábados é a quenda para os obradoiros impartidos por recoñecidos artistas e destinado a familias. Os encontros están a ter lugar na Praza Roxa e son de balde até completar aforo. Ademais disto, estase a desfrutar de visitas guiadas polas exposicións de arte nos escaparates, sendo a última delas o 27 de abril ás 19.00 horas. 

Ademais, poderanse desfrutar nas galerías de arte mencionadas, diferentes exposicións. Na de Luísa Pita estará dispoñible ata o 29 de abril a exposición “Senlleiras” de Juan Adrio; Trinta contará coa mostra de “Unción y anunciación del ser” de Daniel Verbís até o vindeiro 20 de maio; Nordés terá a exhibición “Un acto de balanceo” de Fuentesal Arenillas até o 3 de xuño; e, Metro, ate o 30 de abril, “Geografía de la memoria” de Pedro Muíño.

A iniciativa nas vidrieiras dos establecementos da zona nova continuará até o vindeiro sábado 30 de abril. Sen embargo, se queres facer un breve percorrido virtual, podes ollar os escaparetes neste enlace.

Noticias relacionadas

Respecto pola terra, tradición vitivinícola e procura da máxima expresión de cada viño 6 nov

Respecto pola terra, tradición vitivinícola e procura da máxima expresión de cada viño

Hace 4 horas Las Bodeguillas
Esta semana tivemos o pracer de compartir con vós unha cata moi especial da man de Pariente Tradición Familiar, un proxecto que une tres adegas cunha mesma filosofía: o respecto pola terra, a tradición vitivinícola e a procura da máxima expresión de cada viño. Para descubrir estes viños e coñecer
Tres plans culturais que non te podes perder en Compostela 5 nov

Tres plans culturais que non te podes perder en Compostela

Hace 22 horas Las Bodeguillas
Se vas a estar por Santiago de Compostela nestas vindeiras semanas, non te podes perder algúns dos eventos culturais máis soados do outono na cidade: Cineuropa, o Outono Códax Festival o Mercado da Arte. Cineuropa chega á súa 40ª edición, que se celebrará do 6 ao 22 de novembro, co mesmo obxectivo
Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir. 29 oct

Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir.

29/10/2026 Las Bodeguillas
Desde a nosa sala de catas da Bodeguilla de San Lázaro, presentamos unha nova experiencia arredor do viño. Nesta ocasión, gozamos dunha cata degustación de novas anadas e dunha cata vertical de viños de Bodegas Quinta Sardonia, adega fundada en 1998 en Sardón de Duero. Contamos coa presenza de
Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro 20 oct

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro

20/10/2026 Las Bodeguillas
  A próxima semana, do 26 ao 30 de outubro, o Teatro Principal de Compostela acolle unha nova edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Dende hai máis de vinte anos, o festival tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da