Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

O Entroido chega a Compostela do 11 ao 18 de febreiro

Publicado: 09 de febrero de 2026, 16:02
  1. Las Bodeguillas
O Entroido chega a Compostela do 11 ao 18 de febreiro

O Entroido está á volta da esquina e Compostela xa se está engalanando para desfrutar da ocasión. Cunha programación que atopa o seu prato forte do 11 ao 18 de febreiro pero que se estenderá ata o sábado 21 de febreiro, a capital promete encherse de música, disfraces, comparsas e moita diversión.

A programación arranca este mércores 11, con propostas para a rapazada, como o obradoiro de atranques de Entroido da Ulla no Centro Sociocultural de Santa Marta. Ao día seguinte, o Espazo Apego acolle un obradoiro de chapeus de xeneraliñas, unha mostra de como a tradición segue moi viva entre as novas xeracións.

Un dos momentos máis agardados chega o sábado 14 coa concentración na Praza de Cervantes e o tradicional Desfile do Meco, que percorrerá varias rúas da zona vella ata chegar ao Toural. Deste xeito, a subida do Meco ao balcón do Pazo de Bendaña e o pregón a cargo do Coro da rá, marcan oficialmente o inicio do Entroido compostelán. 

O domingo 15 a festa trasládase ás rúas desde primeira hora da mañá coa animación da comparsa Os Conformistas de Conxo, que levará a música por boa parte da cidade. Ao mediodía haberá tamén actuacións nas prazas do Toural, das Praterías e Cervantes. Xa pola tarde, a Sala Capitol convértese no escenario do Festival Infantil de Disfraces, con concursos, premios e moita diversión para os máis pequenos. Mentres tanto, diferentes charangas e comparsas seguirán amenizando Santiago ata a noite.

O luns 16 terá pola tarde a Charanga TNT, Armatroulas de Laraño, Fanfarria Farruca e a Comparsa de Maruxas e Coralias animando numerosas rúas de Compostela. Xa o martes 17 será a quenda da clásica concentración de carrozas, comparsas e charangas que partirá da Avenida de Ferrol e que percorrerá a rúa de Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, Rúa da República do Salvador, Rúa do Hórreo, rúa da Senra e Avenida de Xoán Carlos I. A xornada poñerá o seu broche de ouro ca actuación da Charanga Ardores na Sala Capitol e a posterior entrega de premios de disfraces. O mércores 18 chega a fin do Entroido co acompañamento do Meco nun percorrido que irá amenizado por diferentes comparsas e que culminará coa súa queima na praza Roxa. 

Pero o Entroido compostelán vai máis alá do programa central. O sábado 21 destaca o Entroido de Conxo, cunha xornada completa que inclúe desfile, sesión vermú, concurso de orellas e filloas, música tradicional e, como non podía ser doutro xeito, outra queima do Meco. Ademais, as parroquias acollen o Entroido tradicional dos Xenerais da Ulla, unha das manifestacións culturais máis singulares da contorna.

Durante estes días, Santiago convértese nun escenario aberto onde tradición e diversión van da man. E, nesta semana de troula, tampouco nos podemos esquecer do comezo dunha das citas gastronómicas máis agardadas na capital galega: o Santiago (é)Tapas. Dende o 19 de febreiro e ata o vindeiro 8 de marzo poderás probar o noso crocante de bacallau á galega, en Santa Marta, e un delicioso taco galego, en San Lázaro.

Noticias relacionadas

Respecto pola terra, tradición vitivinícola e procura da máxima expresión de cada viño 6 nov

Respecto pola terra, tradición vitivinícola e procura da máxima expresión de cada viño

06/11/2026 Las Bodeguillas
Esta semana tivemos o pracer de compartir con vós unha cata moi especial da man de Pariente Tradición Familiar, un proxecto que une tres adegas cunha mesma filosofía: o respecto pola terra, a tradición vitivinícola e a procura da máxima expresión de cada viño. Para descubrir estes viños e coñecer
Tres plans culturais que non te podes perder en Compostela 5 nov

Tres plans culturais que non te podes perder en Compostela

05/11/2026 Las Bodeguillas
Se vas a estar por Santiago de Compostela nestas vindeiras semanas, non te podes perder algúns dos eventos culturais máis soados do outono na cidade: Cineuropa, o Outono Códax Festival o Mercado da Arte. Cineuropa chega á súa 40ª edición, que se celebrará do 6 ao 22 de novembro, co mesmo obxectivo
Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir. 29 oct

Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir.

29/10/2026 Las Bodeguillas
Desde a nosa sala de catas da Bodeguilla de San Lázaro, presentamos unha nova experiencia arredor do viño. Nesta ocasión, gozamos dunha cata degustación de novas anadas e dunha cata vertical de viños de Bodegas Quinta Sardonia, adega fundada en 1998 en Sardón de Duero. Contamos coa presenza de
Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro 20 oct

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro

20/10/2026 Las Bodeguillas
  A próxima semana, do 26 ao 30 de outubro, o Teatro Principal de Compostela acolle unha nova edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Dende hai máis de vinte anos, o festival tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da