Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Rúas de Compostela a toda velocidade: chega a 46ª Carreira Pedestre Popular

Publicado: 20 de octubre de 2025, 16:46
  1. Las Bodeguillas
Rúas de Compostela a toda velocidade: chega a 46ª Carreira Pedestre Popular

Un dos eventos deportivos máis queridos e lonxevos de Compostela volve esta fin de semana ás rúas. A Carreira Pedestre Popular de Santiago alcanza a súa cuadraxésimo cuarta edición o domingo día 26 de outubro, a partires das 10.00 horas da mañá, cunha proba para rapaces de 7 quilómetros e, para adultos, cun percorrido que ascende aos 12 quilómetros.

A 46ª Carreira Pedestre Popular de Santiago, organizada polo medio El Correo Gallego, é alcumada a carreira máis bonita do mundo por un bo motivo: o seu trazado. A proba absoluta ten unha extensión de 12 quilómetros que atravesan boa parte do casco urbano, combinando tramos de subidas e baixadas esixentes, pero que tamén ofrecen vistas espectaculares do casco antigo de Santiago de Compostela.

A saída darase na avenida Xoán XXIII e chegará á Praza do Obradoiro. A carreira, que está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo -o que significa que non só está destinada a corredores populares, senón tamén a atletas profesionais-, discorrerá por San Caetano, Camiño do Francés, Fontiñas, Concheiros, rúa de San Pedro, Porta do Camiño, rúa de Aller Ulloa, rúa da Virxe da Cerca, rúa da Ensinanza, Tránsito da Mercé, rúa da Fonte de San Antonio, Praza de Galicia, rúa Doutor Teixeiro, Praza do Doutor Puente Castro, rúa da Rosa, Santiago de Chile, Praza de Vigo, Rosalía de Castro, avenida da Coruña, avenida das Ciencias, avenida do Doutor Novoa Santos, avenida das Burgas, avenida de Compostela, Campo do Cruceiro do Galo, travesía do Cruceiro do Galo, rúa do Pombal, Galeras, rúa Morón, rúa das Salvadas, Vista Alegre, avenida do Burgo, costa de Vite, Praza da Paz, rúa da Pastoriza, rúa Basquiños, Santa Clara, San Roque, Algalia de Arriba, Praza de Cervantes, Preguntoiro, rúa do Castro, Praza da Universidade, Praza de Mazarelos, Cardenal Payá, Orfas, Toural, rúa do Vilar, Praza das Praterías, Fonseca e, finalmente, a Praza do Obradoiro.

Se es fan do deporte, sexas profesional ou amateur, aínda estás a tempo de inscribirte ata o martes 21 de outubro. E lembra que a Bodeguilla de San Lázaro e a Bodeguilla de Santa Marta están abertas para o teu almorzo antes da competición ou para repostar enerxía despois de participar na carreira máis bonita do mundo.

Noticias relacionadas

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro 20 oct

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro

  A próxima semana, do 26 ao 30 de outubro, o Teatro Principal de Compostela acolle unha nova edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Dende hai máis de vinte anos, o festival tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da
Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben 15 oct

Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben

15/10/2026 Las Bodeguillas
Esta semana vivimos unha desas experiencias que merecen gozarse sen présa: Tertulias Bodeguillas, cata didáctica e cea con Bodegas Valduero. Para guiarnos contamos con Sergio Sánchez, director comercial de Bodegas Valduero, que puido compartir connosco a historia, o coñecemento e a paixón que hai
Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa 24 sep

Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa

24/09/2026 Las Bodeguillas
O mes de outubro chega a Compostela coas zapatillas e dorsais como protagonistas absolutas da cidade. Se es afeccionado ao running ou simplemente che gusta o ambiente deportivo e ver pasar as carreiras cunha boa comida esperándote despois, apunta estas dúas citas no teu calendario.  O sábado 10 de
Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro 25 ago

Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro

25/08/2026 Las Bodeguillas
Con setembro á volta da esquina, é o momento de ollar as novas propostas culturais que a cidade trae para nós. A chegada do novo mes non traerá consigo rúas ateigadas de universitarios que comezan un novo curso escolar, senón que tamén estarán ben cheíñas de arte, música e creación. Se estás de