Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Santiago inaugura este venres unha quincena dedicada ás Festas do Apóstol

Publicado: 14 de julio de 2020, 17:43
  1. Las Bodeguillas
Santiago inaugura este venres unha quincena dedicada ás Festas do Apóstol

Santiago de Compostela celebará dende este venres as súas Festas do Apóstol. Logo de varias semanas de debate sobre o festexo ou non destas xornadas, dende o Concello tomouse a decisión de conformar un programa con formatos máis reducidos e adaptados ás actuais circunstancias. Neste senso, a capital galega ten por diante unha quincena de actividades culturais que se repartirán por toda a cidade. Dende La Bodeguilla convidámoste a gozar, unha vez máis e coas medidas de seguridade oportunas, dunha edición de Festas do Apóstol distinta a tódalas demais. No tocante ás precaucións recomendadas por parte das autoridades, será preciso o emprego de máscara de protección. Ademais, tamén se deberá chegar media hora antes do inicio das distintas actividades.

Pola súa banda, o programa festivo preséntase do máis variado e con actividades para toda a familia. Por suposto, non faltará a música, con artistas coma Nakany Kanté (venres 17), Aretha Soul Divas & The Silverbacks (sábado 18), Broken Peach (domingo 19), A Banda da Loba (martes 21), TéCanela (mércores 22), Najla Shami (xoves 23), Gaizka Project (venres 24), Xacobe Martínez Antelo Trío (luns 27), Nastasia Zürcher (martes 28), Germán Díaz & Benxamín Otero (mércores 29) ou Ortiga (venres 31). Todos eles terán lugar na Quintana. 

Esta mesma praza será escenario tamén de xornadas centradas na música e o baile tradicionais: acollerá o espectáculo "Do blues ao alalá" o luns 20, as Xornadas de Folclore Galego o Día do Apóstolo, o TradFest o domingo 26 e o concerto da Real Filharmonía de Galicia, que terá lugar o día 30 e cun programa dedicado a Beethoven. 

Música pero tamén humor encherán as Galeras con A Banda de Nash, Mad Martin Trío, Lou Reyes & The Rockin Corsarios, o espectáculo familiar Pirilampo, a función teatral de Teatro del Andamio, o monologuista Oswaldo Digón, Colt 45, Andhrea & The Black Cats, Escuchando Elefantes, Agoraphobia, as proposta familiares de Uxía Lambona ou Na Casa de Caramuxo Teatro, o monólogo de Pablo Meixe & Danny Boy Ribera, Triska ou The New Raemon. 

Finalmente, xogos, cine e un sinfín de propostas máis completan un cartel no que un dos pratos fortes serán os fogos do Apóstol. Esta vez, agárdante en distintos puntos da cidade. 

Noticias relacionadas

Respecto pola terra, tradición vitivinícola e procura da máxima expresión de cada viño 6 nov

Respecto pola terra, tradición vitivinícola e procura da máxima expresión de cada viño

06/11/2026 Las Bodeguillas
Esta semana tivemos o pracer de compartir con vós unha cata moi especial da man de Pariente Tradición Familiar, un proxecto que une tres adegas cunha mesma filosofía: o respecto pola terra, a tradición vitivinícola e a procura da máxima expresión de cada viño. Para descubrir estes viños e coñecer
Tres plans culturais que non te podes perder en Compostela 5 nov

Tres plans culturais que non te podes perder en Compostela

05/11/2026 Las Bodeguillas
Se vas a estar por Santiago de Compostela nestas vindeiras semanas, non te podes perder algúns dos eventos culturais máis soados do outono na cidade: Cineuropa, o Outono Códax Festival o Mercado da Arte. Cineuropa chega á súa 40ª edición, que se celebrará do 6 ao 22 de novembro, co mesmo obxectivo
Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir. 29 oct

Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir.

29/10/2026 Las Bodeguillas
Desde a nosa sala de catas da Bodeguilla de San Lázaro, presentamos unha nova experiencia arredor do viño. Nesta ocasión, gozamos dunha cata degustación de novas anadas e dunha cata vertical de viños de Bodegas Quinta Sardonia, adega fundada en 1998 en Sardón de Duero. Contamos coa presenza de
Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro 20 oct

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro

20/10/2026 Las Bodeguillas
  A próxima semana, do 26 ao 30 de outubro, o Teatro Principal de Compostela acolle unha nova edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Dende hai máis de vinte anos, o festival tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da