Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Serás quen de aceptar este reto e cociñar os pratos das Bodeguillas?

Publicado: 06 de abril de 2020, 17:34
  1. Las Bodeguillas
Serás quen de aceptar este reto e cociñar os pratos das Bodeguillas?

Aceptarás o noso reto?

Estes días que nos toca a case todos quedar na casa, que mellor que aproveitar o tempo para gozar da cociña?

Dende as Bodeguillas queremos estar moi moi preto de cada un de vós e para iso imos propoñervos un reto ao que queremos que vos sumedes todos! É moi moi sinxelo!

  1. Ide á nosa web, www.labodeguilla.gal
  2. Escollede o voso prato preferido
  3. E a preparalo na vosa cociña!

Unha vez que o teñades listo, tan só tendes que publicalo nas vosas redes sociais –durante a Semana Santa- coa etiqueta #NaCasaCoasBodeguillas e etiquetarnos!

Prometemos premio para as mellores elaboracións! Nada máis e nada menos que tres ceas para dúas persoas en canto todo isto remate!

Se tendes calquera dúbida, non tendes máis que escribirnos!

Moito ánimo e moita forza, que isto pasará!

Graciñas por estar aí!

Noticias relacionadas

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro 20 oct

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro

20/10/2026 Las Bodeguillas
  A próxima semana, do 26 ao 30 de outubro, o Teatro Principal de Compostela acolle unha nova edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Dende hai máis de vinte anos, o festival tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da
Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben 15 oct

Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben

15/10/2026 Las Bodeguillas
Esta semana vivimos unha desas experiencias que merecen gozarse sen présa: Tertulias Bodeguillas, cata didáctica e cea con Bodegas Valduero. Para guiarnos contamos con Sergio Sánchez, director comercial de Bodegas Valduero, que puido compartir connosco a historia, o coñecemento e a paixón que hai
Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa 24 sep

Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa

24/09/2026 Las Bodeguillas
O mes de outubro chega a Compostela coas zapatillas e dorsais como protagonistas absolutas da cidade. Se es afeccionado ao running ou simplemente che gusta o ambiente deportivo e ver pasar as carreiras cunha boa comida esperándote despois, apunta estas dúas citas no teu calendario.  O sábado 10 de
Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro 25 ago

Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro

25/08/2026 Las Bodeguillas
Con setembro á volta da esquina, é o momento de ollar as novas propostas culturais que a cidade trae para nós. A chegada do novo mes non traerá consigo rúas ateigadas de universitarios que comezan un novo curso escolar, senón que tamén estarán ben cheíñas de arte, música e creación. Se estás de