Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Un percorrido pola historia vitivinícola

Publicado: 05 de diciembre de 2025, 13:22
  1. Las Bodeguillas
Un percorrido pola historia vitivinícola

Co comezo de decembro acollemos en Bodeguilla de Santa Marta un percorrido pola historia vitivinícola de dúas familias: Marqués de Murrieta, pioneiros do Rioja desde 1852, e Pazo de Barrantes, gardiáns da tradición galega desde 1511. 

Dirixe a cea degustación Manuel Castro, director comercial de Adegas Marqués de Murrieta, que acompaña os pratos elaborados por Diego García e o seu equipo de cociña.

Dúas familias, cinco séculos de historia e unha soa paixón: o viño. Xunto a elas, Gosset, a primeira Maison de Champagne, completa unha experiencia que une cinco séculos de paixón vinícola.

Ambas adegas comparten a visión de que os grandes viños nacen na viña, cun respecto profundo pola tradición familiar e o terroir que os define. Esta viaxe gastronómica percorre a xeografía española do viño, desde as brétemas atlánticas ata as viñas mediterráneas de Rioja Alta.

A unión entre Marqués de Murrieta (primeira adega de Rioja) e Gosset (primeira Maison de Champagne) simboliza a excelencia compartida entre dous territorios vitivinícolas lendarios.

Catamos Gosset Grande Réserve Brut, Gran Viño Pazo de Barrantes 2022, Castillo Ygay 2012, Dalmau 2020 e Capellanía Reserva 2020. E saboreamos crema de marisco con mexillóns e berberechos, canelóns de robaliza, merluza e langostinos en prebe de espinacas, polo de ccrral á cervexa rubia sen glute ao aroma de romeu, lombo de cervo en prebe de arandos, solombo ibérico en prebe de cogumelos e piñóns e milfollas de galleta, crema pasteleira e chocolate.

Noticias relacionadas

Compostela vive as súas Festas do Apóstolo 2026 16 jul

Compostela vive as súas Festas do Apóstolo 2026

16/07/2026 Las Bodeguillas
Durante dez días, do 22 ao 31 de xullo, Compostela vivirá unha das citas máis agardadas do seu calendario festivo, as Festas do Apóstolo. Se andas pola cidade estes días (ou estás pensando en vir) paga a pena coñecer o que che espera. A programación arrinca o mércores 22 coa Real Filharmonía de
Dende o corazón da Ribera del Duero a Compostela: Bodegas Cruz de Alba 19 jun

Dende o corazón da Ribera del Duero a Compostela: Bodegas Cruz de Alba

19/06/2026 Las Bodeguillas
Chegou unha nova noite especial á Bodeguilla de Santa Marta: unha cea degustación da man de Bodegas Cruz de Alba, unha das adegas máis singulares do corazón da Ribera del Duero. A súa filosofía orgánica, biodinámica e os seus viños honestos fixeron desta unha experiencia que vai moito máis alá da
  Unha nova cita coa cultura do viño, na nosa sala de catas 12 jun

  Unha nova cita coa cultura do viño, na nosa sala de catas

12/06/2026 Las Bodeguillas
Recibimos unha selección moi especial de viños do grupo Artevino, catro adegas con presenza nas catro denominacións de orixe máis prestixiosas: Rioja, Ribera del Duero, Toro e Rueda. Para guiarnos nesta experiencia contamos coa presenza de Miguel Gavito, director nacional de vendas do grupo, que
Música, deporte, teatro e festa para espremer Compostela en xuño 4 jun

Música, deporte, teatro e festa para espremer Compostela en xuño

04/06/2026 Las Bodeguillas
O verán está comezando a deixarse ver e as rúas de Santiago cunha axenda cultural extensa. Xuño ofrece moito máis que a Noite de San Xoan e a cidade promete converterse no epicentro absoluto da cultura, a música e a festa en Galicia. Así que alá imos a facer un pequeno repaso dos plans cos que a