Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

  Unha nova cita coa cultura do viño, na nosa sala de catas

Publicado: 12 de junio de 2026, 08:01
  1. Las Bodeguillas
  Unha nova cita coa cultura do viño, na nosa sala de catas

Recibimos unha selección moi especial de viños do grupo Artevino, catro adegas con presenza nas catro denominacións de orixe máis prestixiosas: Rioja, Ribera del Duero, Toro e Rueda.

Para guiarnos nesta experiencia contamos coa presenza de Miguel Gavito, director nacional de vendas do grupo, que nos descubrirá a personalidade e a esencia de cada un dos viños seleccionados. Asistiron tamén Alberto Seoane, comercial do grupo Artevino, e Enrique Fandiño, distribuidor da marca en Santiago.

Artevino é un grupo cun proxecto moi claro: elaborar viños capaces de expresar a identidade de cada territorio, respectando a súa historia, a súa paisaxe e as súas variedades autóctonas.

 

BODEGAS IZADI | A esencia da Rioja Alavesa

Izadi nace da paixón pola gastronomía e da admiración por unha contorna única: o corazón da Rioja Alavesa.

Rodeada de viñedos vellos e asentada nunha das zonas máis privilexiadas da Rioja, a adega elabora viños equilibrados, elegantes e cheos de identidade.

A súa filosofía baséase no respecto máximo polo froito e pola terra, dando lugar a viños versátiles e con auténtica alma gastronómica.

 

FINCA VILLACRECES | A xoia escondida da Ribera del Duero

En plena Milla de Ouro da Ribera del Duero atópase unha das fincas máis exclusivas da denominación.

Rodeada por un bosque de piñeiros centenarios e situada nun meandro do río Duero, Villacreces goza dun ecosistema excepcional que marca a personalidade dos seus viños.

A súa historia remóntase ao século XIII, cando os monxes cistercienses xa cultivaban estas terras privilexiadas.

 

VETUS | Unha nova mirada a Toro

Vetus nace coa vontade de ir máis alá dos estereotipos.

Desde a súa finca de 20 hectáreas en Toro, a adega busca expresar o carácter máis auténtico das variedades autóctonas a través de viños frescos, accesibles e cheos de personalidade.

Respectando a terra e a tradición, Vetus aposta por unha interpretación contemporánea da viticultura da zona, demostrando que sempre hai novas formas de entender un gran territorio vitivinícola.

Noticias relacionadas

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro 20 oct

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro

20/10/2026 Las Bodeguillas
  A próxima semana, do 26 ao 30 de outubro, o Teatro Principal de Compostela acolle unha nova edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Dende hai máis de vinte anos, o festival tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da
Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben 15 oct

Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben

15/10/2026 Las Bodeguillas
Esta semana vivimos unha desas experiencias que merecen gozarse sen présa: Tertulias Bodeguillas, cata didáctica e cea con Bodegas Valduero. Para guiarnos contamos con Sergio Sánchez, director comercial de Bodegas Valduero, que puido compartir connosco a historia, o coñecemento e a paixón que hai
Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa 24 sep

Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa

24/09/2026 Las Bodeguillas
O mes de outubro chega a Compostela coas zapatillas e dorsais como protagonistas absolutas da cidade. Se es afeccionado ao running ou simplemente che gusta o ambiente deportivo e ver pasar as carreiras cunha boa comida esperándote despois, apunta estas dúas citas no teu calendario.  O sábado 10 de
Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro 25 ago

Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro

25/08/2026 Las Bodeguillas
Con setembro á volta da esquina, é o momento de ollar as novas propostas culturais que a cidade trae para nós. A chegada do novo mes non traerá consigo rúas ateigadas de universitarios que comezan un novo curso escolar, senón que tamén estarán ben cheíñas de arte, música e creación. Se estás de