Logo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Viños de todo o mundo recalan en La Bodeguilla

Publicado: 20 de diciembre de 2019, 11:48
  1. Las Bodeguillas
Viños de todo o mundo recalan en La Bodeguilla

Despedimos este 2019 con moi bo sabor de boca. Ao longo deste últimos meses, recalaron en La Bodeguilla viños procedentes de todo o mundo. Da man das nosas Tertulias Bodeguilla, achegáronse ata San Lázaro –fundamentalmente- pero tamén ata Santa Marta produtores e distribuidores chegados de múltiples orixes.


Por suposto, estiveron presentes os caldos das viñas galegas pero tamén variedades que medran nos campos de Nova Zelanda ou California, por pór algún caso. Nestes certames, ademais de contar asiduamente co respaldo dos participantes, tivemos ocasión de maridar distintas elaboracións, saídas das cociñas de La Bodeguilla.  E, por suposto, de adicar tempo ás nosas paixóns: a gastronomía e a cultura vitivinícola.


Agora, xa entrados no mes de decembro e coas festas moi preto, queremos unha vez máis darvos as grazas. Bo Nadal e inmellorable 2020!

Noticias relacionadas

Rúas de Compostela a toda velocidade: chega a 46ª Carreira Pedestre Popular 20 oct

Rúas de Compostela a toda velocidade: chega a 46ª Carreira Pedestre Popular

20/10/2025 Las Bodeguillas
Un dos eventos deportivos máis queridos e lonxevos de Compostela volve esta fin de semana ás rúas. A Carreira Pedestre Popular de Santiago alcanza a súa cuadraxésimo cuarta edición o domingo día 26 de outubro, a partires das 10.00 horas da mañá, cunha proba para rapaces de 7 quilómetros e, para
A nosa carta e bodega: un brindis ao sabor en Santiago de Compostela 20 oct

A nosa carta e bodega: un brindis ao sabor en Santiago de Compostela

20/10/2025 Las Bodeguillas
No corazón de Compostela, atópanse Bodeguilla de Santa Marta e Bodeguilla de San Lázaro, lugares nos que buscamos que o tempo pareza deter­se para gozar da boa cociña, do viño e da conversa. O noso restaurante naceu coa idea de ofrecer unha experiencia completa: unha cociña galega auténtica,
Día Mundial do Turismo: Santiago de Compostela, encontro de camiños e culturas 24 sep

Día Mundial do Turismo: Santiago de Compostela, encontro de camiños e culturas

24/09/2025 Las Bodeguillas
Cada 27 de setembro celébrase o Día Mundial do Turismo, unha data impulsada pola Organización Mundial do Turismo para poñer en valor a importancia desta actividade na economía, na cultura e no desenvolvemento sostible das comunidades. É un momento para reflexionar sobre como viaxamos, pero tamén
De museos a ríos: estas son as nosas propostas para poñerlle fin á calor en Compostela 19 ago

De museos a ríos: estas son as nosas propostas para poñerlle fin á calor en Compostela

19/08/2025 Las Bodeguillas
Santiago de Compostela é unha cidade recoñecida polo seu carácter monumental e espiritual, pero tamén é un lugar cheo de propostas que permiten gozar do verán dun xeito distinto. A calor non sempre é doada de levar pero nesta cidade existen alternativas refrescantes, menos convencionais e con moito