Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Viaxando polo mundo cos imprescindibles da nosa adega

Publicado: 08 de abril de 2021, 11:46
  1. Las Bodeguillas
Viaxando polo mundo cos imprescindibles da nosa adega

Agora que chegan as primeiras raiolas de sol da primavera e, con ela, unha temperatura agradable para desfrutar dunha terraza e unha bebida fresca, é hora de poñer sobre a mesa a nosa carta de viños. E é que se por algo nos diferenciamos nas Bodeguillas de San Lázaro e Santa Marta é por unha adega con productos de calidade e de gran variedade, ben sexa para desfrutar o seu singular sabor só ou acompañándoo dunha elaboración culinaria única.

A nosa adega permítenos facer un percorrido pola xeografía galega con diferentes escumosos, tan á moda, e tamén con diferentes Denominacións de Orixe como Rías Baixas, Ribeiro, Valdeorras, Monterrei ou Ribeira Sacra, entre outros. Tamén podemos atravesar o país con diferentes viños e denominacións como Ribera del Duero, Rioja, Castela e León, Bierzo, Catalayud, Almansa, Jumilla, Toro ou Jerez. E, aínda máis, somos quen de percorrer boa parte do mundo con tan só empregar os sentidos do gusto e do olfacto. 

A continuación, propoñémosvos algúns viños cos que transportarvos a outros lugares (dúas D.O. nacionais, dúas propostas europeas e outras tres máis alén dos mares), aínda que contamos cunha adega moito máis ampla da que podemos (e nos gusta) presumir:

  1. País Vasco. Así pois, podemos ir até o País Vasco con algún dos nosos Txakoli (Itsasmendi 7, Itsasmendi Urezti ou Itsasmendi Eklipse), un viño habitualmente branco e lixeiramente escumoso, enmarcado nas variedades Arabako, Bizka, e Getaria.
  2. Cataluña. Podemos atopar denominacións como Priorato (Les Crestes, Camins del Priotat e Les Terrases), cultivado en ladeiras escarpadas e de difícil cultivo, coa influencia dun clima tépedo e seco ou Montsant (Acústic ou El Senat de Montsant), cun clima menos esixente.
  3. Portugal. Os nosos veciños lusos preséntanse na nosa adega con dous Alentejos. O primeiro, a Quinta da Viçosa coas variedades Syrah e Tricadeira e, o segundo, La Coartada.
  4. Francia. Achegarnos a Francia é tan sinxelo como probar un La Griffe, un viño tinto de crianza de Cotes du Rhone; ou La Mariole, procedente de vides centenarias. Tamén contamos cunha incrible champaña da casa Bollinger: o Rosé, con 62% de Pinot Noir, 24% Chardonnay e 14% Meunier; e o Cuvée, con 60% Pinot Noir, 25% Chardonnay e 15% Meunier.
  5. América. Se o que queremos é cruzar o charco a través dunha copa, podemos atoparnos con viños arxentinos como Terrazas de los Andes, da bodega Mendoza Argentina e da variedade Malbec; co chileno Manso de Velasco, un Cabernet Sauvignon; ou desfrutar con Chardonnay ou Pinot Noir B californianos da man de Marimar La Masía.

Estes son algúns dos sabores imprescindibles da nosa adega para catar o mundo, pero hai moitos máis que podes vir a desfrutar connosco nas nosas “capelas do bo comer e bo beber”. Lembrámosvos que cada Bodeguilla conta coa súa propia selección e o seu propio sabor, ademais de que temos tenda, a BodeguillaStore, para que poidades levar algúns deles para a vosa casa.

Noticias relacionadas

Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben 15 oct

Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben

Esta semana vivimos unha desas experiencias que merecen gozarse sen présa: Tertulias Bodeguillas, cata didáctica e cea con Bodegas Valduero. Para guiarnos contamos con Sergio Sánchez, director comercial de Bodegas Valduero, que puido compartir connosco a historia, o coñecemento e a paixón que hai
Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa 24 sep

Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa

24/09/2026 Las Bodeguillas
O mes de outubro chega a Compostela coas zapatillas e dorsais como protagonistas absolutas da cidade. Se es afeccionado ao running ou simplemente che gusta o ambiente deportivo e ver pasar as carreiras cunha boa comida esperándote despois, apunta estas dúas citas no teu calendario.  O sábado 10 de
Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro 25 ago

Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro

25/08/2026 Las Bodeguillas
Con setembro á volta da esquina, é o momento de ollar as novas propostas culturais que a cidade trae para nós. A chegada do novo mes non traerá consigo rúas ateigadas de universitarios que comezan un novo curso escolar, senón que tamén estarán ben cheíñas de arte, música e creación. Se estás de
Compostela vive as súas Festas do Apóstolo 2026 16 jul

Compostela vive as súas Festas do Apóstolo 2026

16/07/2026 Las Bodeguillas
Durante dez días, do 22 ao 31 de xullo, Compostela vivirá unha das citas máis agardadas do seu calendario festivo, as Festas do Apóstolo. Se andas pola cidade estes días (ou estás pensando en vir) paga a pena coñecer o que che espera. A programación arrinca o mércores 22 coa Real Filharmonía de