Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Viños Marqués de Griñón, innovación e tradición á procura da excelencia

Publicado: 20 de noviembre de 2025, 07:49
  1. Las Bodeguillas
Viños Marqués de Griñón, innovación e tradición á procura da excelencia

Chega á Bodeguilla de Santa Marta unha experiencia enolóxica excepcional: “Viños de Autor” dunha das adegas máis prestixiosas e innovadoras de España, Marqués de Griñón. "A innovación e o respecto pola tradición son as dúas caras dunha mesma moeda na procura da excelencia", explica Julio Mourelle, director comercial de Bodegas Marqués de Griñón.

Os viños Marqués de Griñón naceron nos anos setenta da man de Carlos Falcó y Fernández de CórdoBa, V marqués de Griñón, considerado un dos adegueiros españois de maior prestixio e proxección internacional.

O Dominio de Valdepusa, situado en Malpica de Tajo (Toledo), pertence á familia Falcó desde 1292 e conserva unha historia de máis de sete séculos. Esta singular explotación vitivinícola foi pioneira en España ao plantar, en 1974, as primeiras cepas de Cabernet Sauvignon, ás que posteriormente se sumarían variedades como Syrah, Petit Verdot e Graciano.

En 2002 produciuse un fito histórico: o Dominio de Valdepusa converteuse na primeira finca española en recibir a Denominación de Orixe de Pago concedida polo Estado. A Unión Europea ratificou este recoñecemento en 2003, consolidando así a súa posición de referencia no mundo do viño. Na cata degustamos Oleum Artis —aceite de oliva virxe extra— e os viños Summa Varietalis, Petit Verdot, Graciano, Cabernet Sauvignon e Emeritus.

Marqués de Griñón destacou sempre pola súa aposta pola innovación vitivinícola, integrando tradición, sustentabilidade e tecnoloxía avanzada: primeira adega española en empregar rega por goteo, técnicas de secado parcial da raíz, dendrómetros electrónicos para medir o estrés hídrico, mapeado xeolóxico para optimizar a sementeira e unha xestión moderna e sustentable do viñedo.

Na cociña, Diego García e o seu equipo agasállannos con pratos como salmón en prebe de iogur e pepino, risotto de cogomelos e lagostinos co seu prebe, tataki de atún roxo con wakame, fazula de tenreira estufada ao Cabernet Sauvignon con aroma de canela, cordeiro leital asado con porro confitado e un delicioso brownie de chocolate con pistachos.

Noticias relacionadas

A estrela do Nadal: así están a ser as festas en Compostela 23 dic

A estrela do Nadal: así están a ser as festas en Compostela

23/12/2025 Las Bodeguillas
O Nadal é unha das épocas máis especiais do ano e as rúas de Compostela convértense no lugar perfecto para desfrutar del. Durante algo máis dun mes, a cidade é o epicentro de numerosas actividades culturais para todas as idades e, hoxe, facémosche un pequeno repaso delas.  Baixo o lema
Un percorrido pola historia vitivinícola 5 dic

Un percorrido pola historia vitivinícola

05/12/2025 Las Bodeguillas
Co comezo de decembro acollemos en Bodeguilla de Santa Marta un percorrido pola historia vitivinícola de dúas familias: Marqués de Murrieta, pioneiros do Rioja desde 1852, e Pazo de Barrantes, gardiáns da tradición galega desde 1511.  Dirixe a cea degustación Manuel Castro, director comercial de
Celler Kripta: paixón, territorio e excelencia 30 oct

Celler Kripta: paixón, territorio e excelencia

30/10/2025 Las Bodeguillas
Co remate de outubro, acollemos en Bodeguilla de Santa Marta unha actividade do máis especial: unha cata degustación de cavas de Celler Kripta. Contamos coa presenza de Jaume Casals, director comercial da adega, que nos guiou nunha viaxe polos sabores e a historia destas elaboracións tan
Rúas de Compostela a toda velocidade: chega a 46ª Carreira Pedestre Popular 20 oct

Rúas de Compostela a toda velocidade: chega a 46ª Carreira Pedestre Popular

20/10/2025 Las Bodeguillas
Un dos eventos deportivos máis queridos e lonxevos de Compostela volve esta fin de semana ás rúas. A Carreira Pedestre Popular de Santiago alcanza a súa cuadraxésimo cuarta edición o domingo día 26 de outubro, a partires das 10.00 horas da mañá, cunha proba para rapaces de 7 quilómetros e, para