Logo Unión EuropeaLogo Calidad TurísticaLogo XacobeoLogo Marca Galicia
Las Bodeguillas de Santiago de Compostela

Las Bodeguillas

Noticias y novedades de Las Bodeguillas de San Roque, San Lázaro y Santa Marta. Restaurantes en Santiago de Compostela.

Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir. 29 oct

Quinta Sardonia: natureza, identidade e expresión do terroir.

Hace 1 hora

Desde a nosa sala de catas da Bodeguilla de San Lázaro, presentamos unha nova experiencia arredor do viño. Nesta ocasión, gozamos dunha cata degustación de novas anadas e dunha cata vertical de viños de Bodegas Quinta Sardonia, adega fundada en 1998 en Sardón de Duero. Contamos coa presenza de Cristian Rey Oubiña, enólogo da bodega, que compartirá connosco os seus coñecementos, a súa experiencia e a paixón que hai detrás de cada botella. A expresión dun terroir único no val do Douro, un dos gra...

Leer más

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro 20 oct

Existir é resistir: chega a Semana de Cine Euroárabe AMAL do 26 ao 30 de outubro

20/10/2026

  A próxima semana, do 26 ao 30 de outubro, o Teatro Principal de Compostela acolle unha nova edición da Semana de Cine Euroárabe AMAL, organizada pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Dende hai máis de vinte anos, o festival tende pontes entre Galicia e o mundo árabe a través do cine e da cultura e tense convertido nun espazo de encontro, reflexión e compromiso coa diversidade cultural. Este 2026, a programación está dedicada ao cine palestino, baixo o lema “Existir é resistir”. A sele...

Leer más

Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben 15 oct

Valduero: facer menos, facelo con calma e facelo ben

15/10/2026

Esta semana vivimos unha desas experiencias que merecen gozarse sen présa: Tertulias Bodeguillas, cata didáctica e cea con Bodegas Valduero. Para guiarnos contamos con Sergio Sánchez, director comercial de Bodegas Valduero, que puido compartir connosco a historia, o coñecemento e a paixón que hai detrás de cada botella. Diego García e todo o equipo de cociña da Bodeguilla de Santa Marta prepararon unha cea pensada para acompañar cada un destes viños. Esta vez viaxamos ata a Ribera del Duero par...

Leer más

Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa 24 sep

Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa

24/09/2026

O mes de outubro chega a Compostela coas zapatillas e dorsais como protagonistas absolutas da cidade. Se es afeccionado ao running ou simplemente che gusta o ambiente deportivo e ver pasar as carreiras cunha boa comida esperándote despois, apunta estas dúas citas no teu calendario.  O sábado 10 de outubro, o Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan volve ao barrio de San Pedro coa cuarta proba da súa XII edición. É un clásico que achega o deporte popular aos barrios de Santiago, cun ambiente fa...

Leer más

Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro 25 ago

Tres citas culturais en Compostela que non te podes perdes este setembro

25/08/2026

Con setembro á volta da esquina, é o momento de ollar as novas propostas culturais que a cidade trae para nós. A chegada do novo mes non traerá consigo rúas ateigadas de universitarios que comezan un novo curso escolar, senón que tamén estarán ben cheíñas de arte, música e creación. Se estás de paso pola cidade ou vives aquí e buscas plans para as próximas semanas, ademais de visitarnos para alegrar o padal, hoxe falámosche de Plataforma, WOS e Maré, tres festivais que non deberías perder de vis...

Leer más

Compostela vive as súas Festas do Apóstolo 2026 16 jul

Compostela vive as súas Festas do Apóstolo 2026

16/07/2026

Durante dez días, do 22 ao 31 de xullo, Compostela vivirá unha das citas máis agardadas do seu calendario festivo, as Festas do Apóstolo. Se andas pola cidade estes días (ou estás pensando en vir) paga a pena coñecer o que che espera. A programación arrinca o mércores 22 coa Real Filharmonía de Galicia na Praza da Quintana e, dende o balcón do Pazo de Raxoi, o pregón que dá inicio oficial ás festas. A partir de aí, a Quintana convértese, como sempre, no gran escenario musical da cidade: por alí...

Leer más